Para rematar este ano difícil para todos debido á pandemia do COVID-19 e despois de ir retomando as actividades pouco a pouco, desde BIBLIOPAZOS volvemos a organizar neste mes de Decembro diversos eventos dirixidos aos escolares do municipio para seguir fomentando a animación á lectura, o espírito de Nadal, difundir a ciencia en galego, e recuperar o noso patrimonio inmaterial a través da recuperación da memoria toponímica do concello.
Para elo temos organizado as seguintes actividades nas que participarán os alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos:
Este espectáculo busca a comunicación co público co fin de acadar o obxectivo educativo perseguido sempre dentro dun entorno de xogo e diversión no que os rapaces e rapazas gozarán dunha sesión chea de amenos contos adaptados ás súas idades que lles irá relatando a contadora co obxectivo de fomentar o hábito lector á vez que se contaxia o espírito do Nadal.
Continuaremos as actividades o venres 18 e o martes 22 de decembro nos que levaremos a cabo unhas actividades adicadas á difusión da ciencia en galego no Auditorio do Concello.
En primeiro lugar realizarase dous "ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" que terán lugar a partir das 10:00 horas no que participarán os alumnos de 6º de Primaria o venres 18 de decembro e os alumnos de 2º de ESO o martes 22 de decembro. Ámbalas dúas sesións serán levadas a cabo Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA.
Neste xogo de aventuras físico e mental que consiste en pechar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas -neste caso de carácter científico- para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo disponible; o alumnado deberá resolver as pistas nas que haberá linguaxe de descifrado, candados, esposas, luz UV, reloxos de area... e por suposto experimentos e probas científicas para poder resolver o enigma que os levará a rescatar a León Supermolón do cofre do tesouro.
Eses mesmos día ás 12:30 horas o venres 18 de decembro e ás 13:00 horas o martes 22 de decembro, tamén no Auditorio do Concello, realizaránse dúas sesións de "CONTACONTOS conCIENCIA", a cargo de Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA, nas que participarán os alumnos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e que consistirán nunha interpretación lúdica, ilustrativa e creativa de varios contos de xeito que os propios asistentes participen dos mesmos, imaxinando aos personaxes e as súas aventuras, todos eles de temática científica.
O obradoiro realizarase en dúas sesións dunha hora cada unha. Na primeira sesión explicarase ao alumnado a importancia que ten recoller e salvagardar o patrimonio cultural inmaterial do Concello de Pazos de Borbén e cómo funciona a aplicación colaborativa GALICIA NOMEADA para a recolleita da súa microtoponimia e lendas.
A segunda sesión será práctica e consistirá -si o tempo o permite- nunha saída ao campo nos arredores do colexio para que o alumnado recolla microtopónimos a través dos seus móbiles e facendo enquisas a persoas maiores nativas da zona.
Este actividade complementa a que iniciamos no ano 2019 tamén no mes de decembro, "TOPONIMÍZATE! Falámosche dos nomes da túa terra. Descubre como participar na recuperación dos nosos topónimos" que fora patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e que consistira nunha charla-coloquio impartida tamén por Vicente Feijoo Ares á que asistiron persoal técnico do concello, membros de asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, e escolares da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Para estes eventos non podemos convidar ao público en xeral a participar deles debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.
Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.