mércores, 16 de decembro de 2020

"ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" e "CONTACONTOS conCIENCIA" - Actividades Decembro 2020


Continuaremos coas actividades do mes de decembro o venres 18 e o martes 22 de decembro nos que levaremos a cabo unhas actividades adicadas á difusión da ciencia en galego no Auditorio do Concello.

En primeiro lugar realizarase dous "ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" que terán lugar a partir das 10:00 horas no que participarán os alumnos de 6º de Primaria o venres 18 de decembro e os alumnos de 2º de ESO o martes 22 de decembro. Ámbolas dúas sesións serán levadas a cabo Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA.

Neste xogo de aventuras físico e mental que consiste en pechar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas -neste caso de carácter científico- para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo disponible; o alumnado deberá resolver as pistas nas que haberá linguaxe de descifrado, candados, esposas, luz UV, reloxos de area... e por suposto experimentos e probas científicas para poder resolver o enigma que os levará a rescatar a León Supermolón do cofre do tesouro.

Eses mesmos día ás 12:30 horas o venres 18 de decembro e ás 13:00 horas o martes 22 de decembro, tamén no Auditorio do Concello, realizaránse dúas sesións de "CONTACONTOS conCIENCIA", a cargo de Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA, nas que participarán os alumnos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos  e que consistirán nunha interpretación lúdica, ilustrativa e creativa de varios contos de xeito que os propios asistentes participen dos mesmos, imaxinando aos personaxes e as súas aventuras, todos eles de  temática científica.

Para estes eventos non podemos convidar ao público en xeral a participar deles debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.

Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger