Amosando publicacións coa etiqueta Libros en Galego.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros en Galego.. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de agosto de 2018

A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA


A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
Autor e Ilustrador: Carlos Taboada
Edicións Xerais de Galicia, S.A

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa 

Idade recomendada: +9 anos

Pedrarcana de Leira era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lías, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, seixábase levar.
Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas.
Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
A biblioteca de Pedrarcana é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.

FINALISTA DO PREMIO MERLÍN 2017

ISBN: 978-84-9121-370-3
Nº de páginas: 207
Encardernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

sábado, 9 de decembro de 2017

SÍGUEME 123


SÍGUEME 123
Ilustrador: Fhiona Galloway
Engaiolarte Edicións
Colección: Sigueme

Género:  Literatura infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos 

Anime á súa crianza a trazar os camiños que se atopen en cada páxina deste libro interactivo comenzando no punto verde e seguindo a dirección das frechas.

Con esta divertida actividades mellorarán a coordinación entre a man e o ollo.

ISBN: 978-84-944792-3-6
Nº de páxinas: 14
Encadernación: Tapa dura
Formato: 18,5 x 18,5 cm

venres, 10 de novembro de 2017

O LAZO DE PATINAR


O LAZO DE PATINAR
Autor: Xoán Babarro
Ilustracións: Carmen Queralt
Editorial Combel
Colección: Trote 

Xénero: Literatura Infantil en galego -Poesía 

Idade  Recomendada: +3 anos 

Na tardiña gris a nena e o neno xogan ó parchís. Os cisnes e os parrulos patina sobre o xeo da lagoa.

¿ Por qué se transformao carambelo en barco ou en canoa?

ISBN:84-7864-560-8 
Nº de páxinas:22 
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 cm

sábado, 28 de outubro de 2017

SAMAÍN


SAMAÍN
Autor: Clara de Saá 
Ilustracións: Sandra Fernández 
Radio Galega
Kalandraka Editora S.L 

Xénero: Literatura Infantil en galego -Contos 

Idade  recomendada: +3 años 

O día un de novembro é o primeiro do ano no calendario celta e celébrase a tradicional noite de Samaín, na que ocorren cousas máxicas e póñense cabazas con velas acesas nas portas das casas.

Fermín, o monstro das castañas, que comía de dúas en dúas, preparouse para o concurso de sustos desa noite. Quería ser o gañador. Peiteando a súa longa melena vermella descubriu no espello, alarmado, que o seu pelo era agora verde. Así non podería asustar aos nenos.

A rata Casilda, unha experta gañadora do concurso de sustos varios anos, díxolle que lle pasase por comer tantas castañas na noite de Samaín. Suxeriulle facer máis terrible o seu aspecto poñendo un rabo longo: atou unha corda á cintura, pero enredouse con ela. Probou a poñer dentes e bigotes de rata coas pinzas da roupa e os cordóns dos zapatos, pero non era capaz de falar ben e os bigotes facíanlle cóxegas.

Uns nenos que o viron con esa pinta riron del. Entón púxose contento e xa non lle importou non poder gañar o concurso de sustos: este ano faría rir.

ISBN:84-8464-034-5 
Nº de páxinas:32 
Encadernación: Cartoné
Formato: 17 x 23 cm

sábado, 9 de setembro de 2017

MANU


MANU
Autor: Irene Pérez Pintos
Ilustracións: Ramón Trigo Alonso
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos

Conta a divertida historia dun rapaz chamado Manu que lle vai facer un recado a súa nai pero como lle tiña entrado auga nos oídos non escoita ben o que lle manda comprar a súa nai e traelle outras cousas...

ISBN: 84-8464-110-4
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

venres, 8 de setembro de 2017

A GAITA GALLEGA


A GAITA GALLEGA
Autor: Xoán Manuel Pintos

La Voz de Galicia S.A
Colección: Biblioteca 120 Galega
 

Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Poesía 

A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis é un libro escrito por Xoán Manuel Pintos e publicado en 1853. É a obra máis importante deste precursor do Rexurdimento.

A unidade da obra reside nos seus dous personaxes principais, que fan dela todo un manual dos costumes e a lingua de Galiza. Estes personaxes son:
  • Cristus, gaiteiro que explicará cuestións referentes á lingua e os costumes.
  • Pedro Luces, tamborileiro non galego destinatario das explicacións de Cristus.

A gaita gallega converteu ao autor na figura máis representativa da primeira xeración provincialista dos Precursores.

Trátase dunha obra trilingüe, en latín, castelán e galego, que foi concibida para achegar o galego aos lectores.

É a obra máis importante do século XIX antes da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, xa que combina composicións de contido social ("O achadizo") con composicións costumistas ("¡Viva Galicia!"). 

ISBN: 84-9757-033-2
Nº de páxinas: 363
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 cm

domingo, 3 de setembro de 2017

AVÓS

 
AVÓS
Autor: Chema Heras
Ilustracións: Rosa Osuna
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos

Todos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente transfórmase.

Unha fermosa historia repleta de metáforas encadeadas.

Os avós forman parte da vida cotiá de moitos nenos, eles nos queren, nos agariman e nos atenden.

Pero ¿nós pensamos como se senten eles co paso do tempo? ¿Cales son os seus sentimentos e desexos nese momento das súas vidas? 

Esta historia axudanos a entender cómo viven o seu día a día e lembranos que un día tamén eles foron xóvenes.

Este libro gañou o PREMIO LLIBRETER - 2003 e outros grandes premios de repercusión internacional.

ISBN:84-8464-040-X
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 cm

luns, 28 de agosto de 2017

UNHA PANTASMA CON ASMA


UNHA PANTASMA CON ASMA
Autor: Carmen Gil
Ilustracións: Sarah Webster
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora 

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 anos 

Ata as pantasmas ponde chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes insalubres ou solitarios.

Pero as divertidas rimas desta historia recetarannos o remedio infalible que cura todos os males, incluidos os pantasmales.

ISBN:84-8464-012-4
Nº de páxinas:40 
Encadernación: Tapa dura 
Formato: 22cm

domingo, 27 de agosto de 2017

MISTERIO NA HORTA


MISTERIO NA HORTA 
Autor: Lawrence Schimel 
Ilustracións: Sara Rojo 
Kalandraka Editora S.L 
Colección: Demademora 

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos 

Idade  Recomendada: +6 anos 

Conta a historia dun rapáz chamado Xan que atopa un baúl duns supostos piratas onde había unha lupa e foi a buscar pistas e imaxinou que era un detective.

ISBN:84-8464-125-2
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

mércores, 23 de agosto de 2017

O ARCO DA VELLA


O ARCO DA VELLA 
Autor: Xoán Babarro
Ilustracións: Carmen Queralt
Editorial Combel
Colección: Trote 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade  Recomendada: +3 anos

A nube ten frío e chora pinguiñas sobre o río.

O sol pinta o arco da vella, que loce contento no firmamento. 

¿Onde se esconderá o arco co seu pincel? 

ISBN:84-7864-561-6
Nº de páxinas:26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 cm

martes, 15 de agosto de 2017

O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO


O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO
Autor: Miquel Obiols
Ilustracións: Roger Olmos
Kalandraka Editora S.L
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade Recomendada: +9 anos

Esta obra é unha recreación do mundo artístico de Joan Miró a través dunha viaxe imaxinaria que o pintor realiza na procura de cinco manchas de pintura fuxidas do seu estudo.

O autor plantexa unha metáfora da arte de Miró nun texto de ton surrealista e cunha gran carga poética, que reborda imaxinación.

Se queres coñecer o punto de mira de Miró, deberás seguir as peripecias de cinco salvaxes manchas de pintura, con moitas, moitas ganas de manchar.

ISBN:84-8464-098-1
Nº de páxinas:40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 27,5 cm

domingo, 13 de agosto de 2017

O PESCADOR E A SUÁ MULLER


O PESCADOR E A SUÁ MULLER
Autor: Manuela Rodríguez
Ilustracións: Josep Rodés
Kalandraka Editora S.L
Colección: Os contos do trasno comodín

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos 

Un dos moitos contos tradicionais que escribiron os irmáns Grimm, adaptado por Manuela Rodríguez e con ilustracións de Josep Rodés.

Conta a historia dun pobre pescador que vive coa súa muller nunha pequena choza e que un día ao ir pescar saca do mar un enorme rodaballo, que di ser un príncipe capaz de conceder desexos.


Ao decatarse a muller do pescador, obriga ao seu marido para volver e pedirlle ao rodaballo unha casa para os dous, que se lles concede. Con todo a avaricia da muller non terá límites o que forzará ao pescador para volver día tras día para falar co rodaballo. 

Un conto que segue enganchando aos máis pequenos pola fantasía e as ilustracións.

Unha excelente lectura para traballar cos nenos temas como a avaricia, a xenerosidade, compartir... 

ISBN: 84-8464-161-9
Nº de páxinas:44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger