A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis é un libro escrito por Xoán Manuel Pintos e publicado en 1853. É a obra máis importante deste precursor do Rexurdimento.
A unidade da obra reside nos seus dous personaxes principais, que fan dela todo un manual dos costumes e a lingua de Galiza. Estes personaxes son:
- Cristus, gaiteiro que explicará cuestións referentes á lingua e os costumes.
- Pedro Luces, tamborileiro non galego destinatario das explicacións de Cristus.
A gaita gallega converteu ao autor na figura máis representativa da primeira xeración provincialista dos Precursores.
Trátase dunha obra trilingüe, en latín, castelán e galego, que foi concibida para achegar o galego aos lectores.
É a obra máis importante do século XIX antes da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, xa que combina composicións de contido social ("O achadizo") con composicións costumistas ("¡Viva Galicia!").
ISBN: 84-9757-033-2
Nº de páxinas: 363
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.