E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 5 de setembro de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA - O ECO DAS PEDRAS: Andaina arqueolóxica e Contos na Natureza na Senda Arqueolóxica de Amoedo

O próximo
SÁBADO día 9 de setembro de 2017
a partir das 20:00 horas
organizamos unha andaina educativo-cultural pola
SENDA ARQUEOLÓXICA DE AMOEDO



INSCRICIÓNS NO TELÉFONO
986 498 934
De Luns a Venres
en horario de
09:00 a 14:00 horas
 
ANÍMATE E INSCRÍBETE!

ESPERÁMOSTE O SÁBADO EN AMOEDO

https://www.dropbox.com/s/deepe6f7hmutnb4/01%20-%20Cartel%20Senda%20Amoedo%2009_2017.png?dl=0Esta actividade organizada dentro do programa "CONTOS NA NATUREZA" da Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos" e en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, ten o obxecto de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio; fomentar a animación á lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega a través de contadores de historias; incrementar a oferta de actividade cultural en lingua galega, e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, natural e cultural do concello a través de actividades nas sendas e nos paraxes naturais do municipio.

A actividade comezará ás 20:00 horas na Casa Cultural de Amoedo onde o arqueólogo e divulgador XOSÉ LOIS VILAR do Instituto de Estudos Miñoranos, nos introducirá no mundo da arte rupestre galega cunha pequena charla que conxugará arqueoloxía con grandes doses de humor e retranca. 

Logo da charla realizarase unha pequena andaina pola Senda Arqueolóxica de Amoedo, senda situada nunha zona considerada como unha das mellores e máis importes da arte rupestre do sur de Galicia e dunha inmensa riqueza arqueolóxica e etnográfica como dá conta o seu foxo do lobo ou as asisadas construccións do ciclo da auga. 

https://www.dropbox.com/s/u2sx51ez847avz7/02%20-%20Cartel%20Senda%20Amoedo%2009_2017%20Deputaci%C3%B3n.jpg?dl=0Por último e ao final do percorrido terá lugar no Carballo de Martiz o espectáculo

“O ECO DAS PEDRAS”

da actriz, filóloga e sobre todo contacontos


patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa do Ano Patrimonio. 
 
E mentras non chegue o sábado podedes pasar pola biblioteca para ir lendo estes libros que recomendamos:

1) Para lectores infantís:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042&Rexistro=8668&Formato=EtiquetasA PEDRA DO CERVO
Autor: Buenaventura Aparicio Casado
Ilustracións: Pilar Castro Caamaño

Edicións do Cumio S.A.,2015

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos
Idade recomendada: +6 anos
Esta é a historia dun cervo moi especial. 
Unha invitación a coñecer os nosos PETRÓGLIFOS, esas figuras gravadas nas rochas que a ninguén deixan indiferente. Una proposta con doses de tenrura, humor e fantasía. De agarimo pola nosa lingua e de louzanza dunha terra única inzada de tesouros en forma de megálitos, insculturas, castros... Os pícaros que non coñecen o seu país non o poden amar ben...

ISBN: 978-84-8289-517-7
Nº de páxinas:47
Encuadernación:Rústica

2) Para lectores xuvenís e adultos:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042&Rexistro=4614&Formato=Etiquetas
GRABADOS RUPESTRES EN GALICIA
Autores: Fernando Carrera Ramírez / Fernando Javier Costas Goberna / Antonio De la Peña Santos
Edita: Diputación Provincial de Pontevedra, 2002
1ª edición
Materias: Arte rupestre-Galicia

162 páxinas
ISBN: 84-8457-119-X

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042&Rexistro=5065&Formato=Etiquetas
PETRÓGLIFOS DE GALICIA 
Autores: Antonio De La Peña Santos / José Miguel Rey García

Editorial Vía Láctea, 2001

Materias: Petroglifos-Galicia / Galicia-Historia
Nº de páxinas: 276
ISBN: 84-89444-82-X
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042&Rexistro=5853&Formato=Etiquetas
O PETRÓGLIFO DE FILLADUIRO
Enigma na pel da pedra
Autores: Fernando Alonso Romero, Francisco X. Fernández Naval, Maribel Longueira

Editorial Toxosoutos, 2008

Materias: Petroglifos - Galicia

Nº de páxinas: 144
ISBN:978-84-96673-70-
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=PBM042&Rexistro=4071&Formato=Etiquetas
OS PETROGLIFOS GALEGOS
Autores: Antonio De La Peña Santos
Edicións A Nosa Terra, 1999
Materias: Petroglifos - Galicia

Nº de páxinas: 56
ISBN:  84-89976-68-6




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger