xoves, 7 de setembro de 2017

AS PORCAS PORQUIÑAS


AS PORCAS PORQUIÑAS
Autor: Xosé A. Neira Cruz
Ilustracións: Noemí López
Everest Galicia S.L.
Colección: Montaña Encantada

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos
 
Idade Recomendada: +3 anos

As amigas da nai de Vitoria xúntanse todas as tardes para tomar café e xogar ás cartas. Isto representa un gran problema para Vitoria, porque, amais de seren trampulleiras, cheiran ben mal.

Un día aparece na reunión unha nova amiga que, a diferencia das xa habituais, desprende un agradable aroma a limón. Esta “novidade” enche de satisfacción a Vitoria e lévaa a investigar a procedencia do olor. 

A única explicación posible é que se trate dunha fada, porque só elas poden ulir a caramelo de limón.

Busca e rebusca no abrigo da “fadiña” e, finalmente, dá coa variña máxica que confirma as súas sospeitas.

Con ela vai permitirse pór en práctica unha “pequena” trasnada… transformar as tres amigas de mamá en tres relamidas porquiñas.

ISBN: 84-403-0416-1
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger