Colección: Literaria - Biblioteca Carlos Casares
Xénero: Literatura Galega - Narrativa
Derradeira obra de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), O sol do verán chega á percepción do lector coa forza e a madurez da grande arte de narrar.
Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.
O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os
veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción
brutal e sorprendente.
Unha historia de amor e morte; tamén, canto
melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme
riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas
e na capacidade do autor para compartilas.
Xunto a un inigualable
traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a
recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das
obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa
literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se
basea na "verdade de ser e de sentir".
Páxinas : 248
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.