RAMÓN PIÑEIRO
Autor: Carlos Casares
Deseño gráfico: Xesús Fraga
Edita: Centro Ramón Piñeiro, 1996
Contido: Libro + 1 videocasete (VHS)
Xénero: Biografías
A figura de Ramón Piñeiro foi clave no difícil paso do
deserto do galeguismo a través da ditadura de Franco.
Entre as persoas
ás que máis marcou o intelectual de Láncara estivo Carlos Casares, que
lle dedicou en 1996 este breve volume editado pola Xunta de Galicia.
Casares segue nestas páxinas a quen fora en tantos aspectos o seu
mestre, a través dos seus primeiros anos como estudante; o compromiso
político previo á confrontación armada; a Guerra Civil, a derrota e a
cadea; e a reorganización do galeguismo na Compostela dos anos 50 e 60,
nos que a mesa-camilla da súa casa na rúa Xelmirez foi fundamental.
O
texto narra as experiencias clandestinas, case de novela de espías, de
quen foi en boa parte o tecedor da reincorporación do galeguismo á vida
pública no último franquismo e na Transición, e detense nas vivencias,
compartidas con Casares, do primeiro parlamento autonómico, do que os
dous formaron parte como independentes integrados na lista do PSOE.
Ramón Piñeiro é un retrato tenro e próximo dunha figura
clave para entender a historia recente de Galicia, feito por alguén que
viviu en primeira persoa algunhas das vicisitudes que se narran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.