O COCHO DE CARREIRAS RUDI FUCIÑOS
Autor: Uwe Timm
Ilustracións: Alfredo López Fernández (Tokio)
Tradución: Amelia Rodríguez Sanmartín
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore +9 anos
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa
A historia dun cocho que un día lle toca nunha tómbola a Zuppi, unha nena coa que Rudi coñecerá a súa verdadeira vocación.
A familia de Zuppi está formada por un pai exiptólogo en paro, unha nai profesora e tres fillos. A entrada do pequeño cocho na familia vai provocar alegrías e disgustos, enfados e aventuras.
De primeiras resulta moi difícil convencer a un caseiro de que se pode ter un cocho na casa. Tampouco é fácil metelo na bañeira.
Ao final, pasadas as incomodidades dos primeiros días, a familia acabará acomodándose a convivir co porco, aínda que o papá exiptólogo se teña que converter en vixiante dun campo de deportes.
Alí nacerá a verdadeira vocación de Rudi Fuciños.
Páxinas : 184
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13 x 20 cm
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13 x 20 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.