sábado, 11 de outubro de 2014

BIBLIOPAZOS RENOVA O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO

Renovación do equipamento informático 
Dende fai uns días xa está a pleno rendemento o novo equipamento informático da Aula Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal BIBLIOPAZOS co que o concello renovou as instalacións.

Aula Informática
O Concello de Pazos de Borbén moderniza este servizo público coa adquisición de quince ordenadores que sustituíron aos existentes dende fai 8 anos, e segue apostando firmemente polo uso de internet e a difusión, mellora e fomento das novas tecnoloxías a través da posta a disposición gratuíta deste equipamento e da organización de actividades de formación e alfabetización dixital para a poboación do municipio.

Ademais tamén se dotou ao edificio bibliotecario dunha impresora-escáner-fotocopiadora láser en branco e negro conectada en rede con todos os ordenadores.
Este ano organizáronse sete cursos de formación dentro do Programa de Formación Cidadán 2014 do concello dirixidos á poboación en xeral maior de 16 anos, ademáis dos organizados en colaboración coa Asociación ASPAVI e co Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos nos que participaron os alumnos de Primaria do colexio e os usuarios da asociación.

http://bibliopazos.blogspot.com.es/2013/12/cursos-de-formacion-2014.htmlXa se levaron a cabo 5 deles (Mecanografía, Informática Básica -Word e Excel-, Internet e correo electrónico, Presentacións con PowerPoint, e Busca Activa de Emprego) coa participación de 99 alumnos.

Nos próximos días terá lugar o inicio do curso de Redes Sociais: Facebook e Twitter e o de Creación de Blogs con Blogger nos que figuran inscritas 54 persoas de diferentes idades.

O nivel de aceptación destas actividades formativas foi, como en edicións anteriores, moi elevado cubríndose todas as prazas ofertadas e as expectativas de asistencia aos mesmos, tendo que facer grupos para poder ofrecer unha formación máis personalizada e que cada alumno puidera dispoñer individualmente dun ordenador.


Curso Busca Activa de Emprego
Estas actividades son impartidas por persoal da Biblioteca e son gratuítos para os asistentes ás mesmas.

Das novas actividades formativas que se están preparando para o ano 2015 informaremos puntualmente a través do blog de BIBLIOPAZOS, do Facebook e dos medios habituais de publicidade do concello.

¡ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger