NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 19 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (7) CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º e 4º DE ESO

E chegamos ao final das informacions da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

O Alcalde do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña presidiu o acto acompañado dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Participantes da Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO coas autoridades e membros do xurado

E, por fin, toca informar da entrega de premios á CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º e 4º DE ESO coa que rematamos as publicacións da estupendísima Gala de entrega de Premios do "V CERTAME DE RELATO CURTO" do Concello de Pazos de Borbén. Os premiados nesta categoría foron:

Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “O TESOURO DA XACIA” e o pseudónimo de “DIEGO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de DIEGO DOMÍNGUEZ COSTAS, de 15 anos, estudante de 4º de ESO.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Diego Domínguez Costas recibe o premio de Dª Uxía Porritt Lueiro

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “QUE TE DEFINE?” e o pseudónimo de “ANA CONDA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Paula Rivas Rodríguez recibe o seu premio de mans do Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña

O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo seguinte:

Traballo presentado baixo o título “VINGANZA NO RÍO” e o pseudónimo de “EREA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ALOIA DOMINGUEZ ÁLVAREZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

A escritora Dª Andrea Barreira Freije entrégalle o premio a Aloia Domínguez Älvarez

Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo; así como uns lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de ESO.

O escritor D. Miguel Anxo Alonso Diz entrégalles os lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de ESO ao mestre D. Manuel González Pastoriza

Esta actividade forma parte do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger