E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 12 de marzo de 2021

"A HORA MÁXICA" - Espectáculo de maxia online - Día Mundial do Teatro


Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén -  BiblioPazos neste mes de marzo de pandemia do 2021, e agora tócalle o turno á maxia e para iso teremos con nós o espectáculo "A HORA MÁXICA" co que queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.

O Día Mundial Do Teatro foi creado polo ITI (Instituto Internacional do Teatro) e celebrouse por primeira vez o 27 de marzo de 1962, data da apertura da tempada do "Teatro das Nacións" en París. Desde entón, cada ano nesta data, o World Theatre Day (Día Mundial do Teatro) celébrase a escala mundial.

"A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.

Deste xeito promovemos a cultura e os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo uns requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro.

Haberá 3 sesións dunha duración aproximada cada unha delas de 60 minutos e terán lugar os seguintes días:

  • Martes 16 de Marzo ás 12:30 horas dirixida aos alumnos e alumnas de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
  • Xoves 18 de Marzo ás 13:00 horas dirixida aos alumnos de 1º a 3º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
  • Venres 26 de Marzo ás 13:00 horas dirixida aos alumnos de 4º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Tamén están convidados a participar nas sesións os usuarios e usuarias da Asociación ASPAVI.

Un espectáculo adaptado a unha nova normalidade, a un novo espazo, pero que segue sendo divertido e participativo tanto para os que o crean como para os que o gozan.

"A HORA MÁXICA" pretende ser un espazo lúdico onde os nenos e nenas poidan ter unha actividade diferente nesta nova situación que estamos a vivir. Unha canle de televisión interactiva e moderna na que as persoas que elixan ver este "programa" seguro que repetirán, xa que eles serán os protagonistas.

Un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente.


PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger