martes, 9 de marzo de 2021

"ROSA CARAMELO" contacontos online en lingua galega e lingua de signos - Día Internacional da Muller


Finalizamos as actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER o Venres día 12 de marzo cun contacontos online que organiza a Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos.

O conto titulado "ROSA CARAMELO" será retransmitido en liña a través da canle de Youtube de AZ Lingua de signos en lingua galega e lingua de signos e o contarán Aranzazu Casas e María Costa.

Baseado no álbum ilustrado de Adela Turín con ilustracións de Nella Bosnia e editado por Kalandraka, trata de Maragarida a única elefanta do grupo que non consegue ter a pel rosa caramelo. Ela non quere lucir lazos rosas, nin zapatos rosas, nin colares rosas. Ela quere ter a mesma liberdade que os elefantes varóns e xogar sen limitacións. Margarida descubrirá a sensación da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para o resto das súas compañeiras elefantas...

A actividade retransmitirase nunha única emisión ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; os de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e os usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para  conectarse a través de internet e poder gozar do conto.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger