Continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo.
BIBLIOPAZOS adhírese a esta conmemoración coa programación desta activiadde o luns 7 de marzo de 10:00 a 11:00 horas no Auditorio do Concello na que teremos en Pazos de Borbén a Lucía L. Golán de Trémola Teatro co contacontos "8(M)ULIER" para os escolares de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional?Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas?E se fose necesario reverter o feitizo?8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas.Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén"
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.