mércores, 2 de marzo de 2022

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

O próximo martes 8 de marzo conmemórase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, unha data para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. A forza que consegue un movemento de mulleres en todo o mundo traspasa fronteiras, diferenzas culturais, económicas, ideolóxicas e de calquera tipo. As mulleres unidas teñen o poder de cambiar o mundo e lograr a igualdade en todos os ámbitos da sociedade.

A conmemoración deste día foi promulgado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) no ano 1975, pero realmente se viña celebrando dende moito antes.

Mulleres e homes que traballan en sectores dependentes de recursos naturais como a agricultura vense afectados polo cambio climático. Con todo, a muller padece unha maior vulnerabilidade derivada de factores sociais, económicos e culturais. FOTO: FAO/Mónica Castaño.
Dende a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén queremos participar deste día e unirnos á mensaxe das Nacións Unidas e que o Día das Mulleres sexan todos os días do ano.

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar con valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

ONU MULLERES anuncia o tema para o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o 8 de marzo de 2022, que será "IGUALDADE DE XÉNERO HOXE PARA UN MAÑÁ SOSTIBLE".

O tema recoñece a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están liderando os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sostible para todas as persoas.


Ensaios de frijoles tolerantes á seca en Malawi, que en 2016 sufría a súa peor seca en tres décadas. Foto: CIAT/Neil Palmer.

Potenciar a igualdade de xénero no contexto da crise climática e a redución do risco de desastres é un dos maiores desafíos mundiais do século XXI.

Cada vez é máis evidente que as mulleres son máis vulnerables ao impacto do cambio climático que os homes, xa que constitúen a maioría da poboación pobre do mundo e son máis dependentes dos recursos naturais afectados por esta ameaza ambiental.

Ao mesmo tempo, as mulleres e as nenas son líderes eficaces e poderosas que impulsan o cambio para lograr a mitigación e a adaptación climáticas. Implícanse en iniciativas sostibles en todo o mundo e a súa participación e liderado xeran unha acción polo clima máis eficaz. Para lograr o desenvolvemento sostible e unha maior igualdade de xénero é esencial seguir explorando as oportunidades, así como as limitacións, para permitir que as mulleres e as nenas teñan voz e participen en igualdade na toma de decisións relacionadas co cambio climático. Sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e igualitario seguirá estando fóra do noso alcance.
Por iso, a celebración do Día Internacional da Muller das Nacións Unidas é “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”.

Este tema do Día Internacional da Muller está en consonancia co tema prioritario do Sesaxésimo sexto período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW66): “Lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e as nenas no contexto dos programas e as políticas do cambio climático e a redución dos riscos de desastre e ambientais”.

Por último comentar que con ocasión do Día Internacional da Muller deste ano, ONU Mujeres asociouse coa artista visual Burcu Köleli para elaborar as imaxes ilustrativas do concepto temático de 2022: “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible”.

Imaxe Fonte Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022)

Os carteis do Día Internacional da Muller 2022 poden utilizarse sen fins comerciais na internet e as redes sociais no contexto do Día Internacional da Muller, a condición de que se recoñeza a ONU Mujeres e á artista coa seguinte aclaración: Fonte: Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022). Para utilizarlos con otros fines, comuníquese con: permissions@unwomen.org

Para acceder ao kit de marca do Día Internacional da Muller 2022 e demais recursos dispoñibles, faga clic AQUÍ.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger