"MICROMACHISTA EU?" será levada a cabo por FELIPE DÍAZ (CAXOTO Contacontos) de A Trastenda dos Contos, e consiste nun espectáculo a medio camiño entre unha
función de contos e unha charla sobre igualdade de xénero estruturado
cunha metodoloxía activa e participativa onde o público deixa de ser axente
pasivo e pasa a ser parte dunha mesa redonda.
Din as persoas entendidas que, tradicionalmente, quen contaba os contos nos eventos sociais, ás crianzas antes de durmir, nas lareiras... eran as mulleres. Din que eses contos eran de todo tipo e neles o protagonismo recaía indistintamente en personaxes masculinas ou femininas.
Contan tamén que quen recopilou eses contos tradicionais para publicalos en papel e facelos imperecedeiros foron case sempre homes. Din que polo camiño quedaron unha infinidade de historias cribadas nos que o protagonismo recaía na muller.
Este espectáculo devólvelle ese protagonismo á muller e reivindica unha igualdade real e efectiva na que ningunha voz sexa calada.
Convidamos a esta actividade aos alumnos e
alumnas de 3º e 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de
Pazos acompañados dos seus mestres.
VINDE A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
ESPERÁMOSVOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.