E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 6 de marzo de 2021

"CINEMA DE HISTORIAS" da man de ALICE GUY a nai do cinema - Día Internacional da Muller


Continuamos neste mes de marzo coa conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER cun espectáculo que mestura a narración co teatro e o cinema e que pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.

O espectáculo "CINEMA DE HISTORIAS" da man de ALICE GUY a nai do cinema o levará a cabo a actriz e contacontos RAQUEL QUEIZÁS o Mércores 10 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello.

Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a curiosidade dos asistentes pola orixe da sétima arte. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que espertaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos a ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas.

Alice Guy foi unha muller fascinante inxustamente esquecida. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis...

Están convidados a esta actividade os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos acompañados dos seus mestres.

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger