MIRIAM SUAZO E A DIGNA RABIA
Autora: Lara Dopazo Ruibal
Ilustracións: Marta Conde Domínguez (Conxenia) e Rotminas (Ina Riaskov y Rotmi Enciso)
Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias
Edición: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social - Coordinadora Galega de ONGD - Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos
Colección: Defensoras de dereitos
Xénero: Biografías
Idade recomendada: +12 anos
Miriam Suazo e a digna rabia aborda a defensa dos dereitos das mulleres en Honduras.
Miriam Suazo conta cuha traxectoria de dúas décadas traballando polos dereitos humanos en Honduras. Ela é unha defensora convencida de que "as mulleres temos dereito a vivir unha vida libre de violencias e opresións, a decidir sobre os nosos territorios-corpos e ao pracer".
Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.
Se queres podes vir a buscar lo libro á biblioteca ou dascargalo en formato PDF facendo clic [aquí].
Defensoras de Dereitos é unha colección impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social xunto á Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Cada libro recolle a historia de vida e acción política dunha defensora de dereitos de Mesoamérica. Xuntos, forman un mosaico de relatos persoais e colectivos pola dignidade e a vida.
Depósito legal: PO 428-2020
Nº de Páxinas: 44
Formato: 18 x 25 cm
Encadernación: Cartoné
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.