Amosando publicacións coa etiqueta Dia Mundial da Narración Oral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia Mundial da Narración Oral. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de febreiro de 2020

INICIO DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO ANO 2020

Empezamos coas actividades do programa de animación á lectura e de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020.

A programación desenvolverase ao longo de todo o ano e incluirá moitas e diversas actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto intentando acaparar moitos ámbitos da educación e da cultura: ciencia, maxia, contacontos, encontros con autores, narración oral, poesía, homenaxes a autores e escritores, conmemoracións de días mundiais e internacionais, educación sobre o patrimonio local tanto inmaterial como natural, artístico, histórico; actividades de dinamización con música, teatro e danza, etc.

Como en anos anteriores, pretendemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazo de encontro para descubrir e compartir. Así intentaremos ofrecerer un conxunto de actividades para achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

E tamén queremos seguir reforzando o carácter de espazo aberto da biblioteca, ao tempo que alentar a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan.

Pois ben, iniciámos as actividades conmemorando o 183 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra tódolos anos o día 24 de febreiro.

E o imos facer cun espectáculo de técnica mixta de traballo de narración, interpretación e títeres denominado "A VIAXE DE ROSALÍA" que será representado pola actriz LARRAITZ URRUZOLA.

Nesta viaxe, deseñada para todos os públicos, escrita e dirixida por Lucho Penabade, "Francisca do Campo, cóntanos a historia da súa querida afillada ROSALÍA DE CASTRO. Cargada de maletas, teas, zapatos e libros, compartirá con nós a traxectoria dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Larraitz válese de monicreques de mesa de grande talla artística e das ferramentas da narración oral para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía e a súa obra literaria".

Terá lugar o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e a él están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Continuaremos coas actividades o día 4 de marzo ás 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello no que teremos con nós á escritora e poeta YOLANDA CASTAÑO  que nos traerá a actividade "MULLER, POETA, EN GALEGO... E POLO MUNDO!" coa que conmemoraremos o Día Internacional da Muller.

"Abrirse paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza".


Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

E seguiremos homenaxeando á muller, traballando pola igualdade e pola nosa lingua galega  a través da participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, na que colaboramos cos seguintes espectáculos:

O mércores 11 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitará Pazos de Borbén o músico coruñes PABLO DÍAZ que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES".

"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.

Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.


O venres 13 de marzo e tamén ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitaranos o actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"

A entrada a todas estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.


VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!


venres, 8 de marzo de 2019

"CONTOS DE LILITH" para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER e o DIA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL


E finalizaremos a programación de actividades educativo-culturais de animación á lectura do mes de marzo o próximo venres día 15 de marzo no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo "CONTOS DE LILITH" a cargo da contadora galega CRIS DE CALDAS.


Este espectáculo tamén forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA. que se celebra do 12 ao 23 de marzo en toda Galicia e no que participan, ademais do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago e Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis.

"Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade."


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS.

mércores, 6 de marzo de 2019

"CONTOS DA ILHA" para celebrar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER e o DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL



Seguimos coa programación educativo-cultural de animación á lectura o mércores 13 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello co espectáculo en portugués "CONTOS DA ILHA" a cargo da contadora SOFÍA MAUL, procedente da illa de Madeira (Portugal).


"CONTOS DA ILHA" forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA que se celebrará do 12 ao 23 de marzo  en toda Galicia e no que participan, ademáis do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis.

"Un espectáculo de narración oral con histórias e lendas da pequena ilha de Madeira (Portugal), por onde passaram tantos navegantes e exploradores atlânticos para buscar água, vinho e fruta e deixar histórias, relatos e mistérios."


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra.


Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS.

domingo, 3 de marzo de 2019

"RAPAZAS DE CONTO" para celebrar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER


Continuando coa programación educativo-cultural de animación á lectura que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra temos preparado para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER a actividade "RAPAZAS DE CONTO" que levará a cabo a actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA e terá lugar na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS luns 11 de Marzo en dúas sesións.


Haberá unha primeira sesión ás 11:00 para os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os usuarios da Asociación ASPAVI; e outra segunda ás 13:00 horas na que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.


"RAPAZAS DE CONTO" é un espectáculo de narración oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal consitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero; e todo iso mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras.

Atoparémonos con rapazas que capitanean perigosos barcos piratas..., rapazas que pilotan naves espaciais..., nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.


Convidámosvos a participar nas actividades de BIBLIOPAZOS.


sábado, 2 de marzo de 2019

PROGRAMACIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2019

O día 21 e 22 de febreiro pasado iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura de BIBLIOPAZOS do ano 2019 con dúas actividades na que participaron os alumnos de 2º e 3º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, para conmemorar o 182 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, o DÍA DE ROSALÍA, que se celebra todo os anos o día 24 de febreiro.

A primeira das actividades, a cargo da actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA, tróuxonos o espectáculo "CONTANDO CON ROSALÍA" a través do que nos achegamos á poesía da autora dun xeito lúdico, divertido e saboroso con contos e poemas para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro.



Ao día seguinte o persoal da biblioteca realizou -cos usuarios da Asociación ASPAVI que asisten habitualmente a clases de informática e lectura todos os martes e venres de cada semana- á lectura de varios poemas de Rosalía de Castro na que participaron todos os asistentes. Lemos os poemas "Vente, rapasa", "Maio longo" e "Adiós ríos, adiós fontes".




Continuamos coa programación patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e temos preparado para a semana do 11 ao 15 de marzo varias actividades coas que queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 de marzo) e o DÍA DA NARRACIÓN ORAL (20 de marzo).




A primeira das actividades "RAPAZAS DE CONTO" se levará a cabo novamente pola actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA e terá lugar na Sala de Lectura o luns 11 de Marzo en dúas sesións, ás 11:00 e 13:00 horas, e nelas está prevista a participación dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.




"RAPAZAS DE CONTO" é un espectáculo de narración oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal consitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero; e todo iso mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras.

"Atoparémonos con rapazas que capitanean perigosos barcos piratas..., rapazas que pilotan naves espaciais..., nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas".




Continuaremos a programación o mércores 13 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello co espectáculo en portugués "CONTOS DA ILHA" a cargo da contadora SOFÍA MAUL, procedente da illa de Madeira (Portugal). Este espectáculo forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA que se celebrará do 12 ao 23 de marzo  en toda Galicia, e no que participan ademáis do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis.


"Un espectáculo de narración oral con histórias e lendas da pequena ilha de Madeira (Portugal), por onde passaram tantos navegantes e exploradores atlânticos para buscar água, vinho e fruta e deixar histórias, relatos e mistérios."

E finalizaremos a programación do mes de marzo o venres día 15 de marzo, tamén no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo "CONTOS DE LILITH" a cargo da contadora galega CRIS DE CALDAS que tamén forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA.

"Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade."


Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger