Continuamos coa organización de actividades en BiblioPazos, e a próxima é a do
Mércores 4 de marzo ás 13:00 horas
na que teremos con nós no
Auditorio do Concello
á escritora e poeta
que
nos traerá a actividade
"MULLER, POETA,
EN GALEGO... POLO MUNDO!"
coa que conmemoraremos o
"Abrirse
paso nunha profesión tan machista coma outras e facelo como muller, galega e
poeta non amedrentou a quen comezou con só 17 anos. Nunha charla amena, íntima
e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis
populares e internacionais contaranos como analizou, atopou explicación e máis
tarde superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e
esperanza".
Están convidados a
asistir a este evento os alumnos de 6º de Primaria e de 3º a 4º de ESO do CPI
"Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e todos aqueles veciños e veciñas que queiran acercarse ao Auditorio do Concello o próximo mércores ás 13:00 horas.
Esta actividade tamén forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.
VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSVOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.