E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 5 de marzo de 2020

VIII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA

E seguiremos homenaxeando á muller, traballando pola igualdade e pola nosa lingua galega e conmemorando tamén o Día Mundial da Narración Oral  a través da participación do Concello de Pazos de Borbén na VIII Edición do Festival Internacional de Narración Oral "ATLÁNTICA", cos seguintes espectáculos:


O mércores 11 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitará Pazos de Borbén o músico coruñes PABLO DÍAZ que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "CONTANDO NÚMEROS E CANTANDO CORES".

"Ao longo da súa traxectoria profesional, Pablo Díaz decatouse do importante que é para os cativos tratar e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas debemos valorar.

Para conseguir este obxectivo, o artista utilizará contos, algúns deles con música, para rematar cun pequeno concerto con cancións que versen sobre esta temática e tamén algúns dos seus temas máis populares".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.


O venres 13 de marzo e tamén ás 13:00 horas no Auditorio do Concello visitaranos o actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!".

Están convidados a asistir a este evento os alumnos de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

A entrada a estas actividades é de balde ata completar o aforo do local pero é necesaria a inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Estas actividades tamén forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos do ano 2020 organizado polo Concello de Pazos de Borbén e no que colabora a Deputación de Pontevedra.


VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger