Autor: Roberto Vidal Bolaño
Edita : IGAEM - Edicións Xerais de Galicia
Rústica, 100 páxinas
ISBN 84-453-2205-2 (Xunta de Galicia)
ISBN: 84-8302-277-X (Edicións Xerais de Galicia, S.A.)
D.L.: VG 390-1998
Nº 24 Colección: Os libros do Centro Dramático Galego
Edita : IGAEM - Edicións Xerais de Galicia
Rústica, 100 páxinas
ISBN 84-453-2205-2 (Xunta de Galicia)
ISBN: 84-8302-277-X (Edicións Xerais de Galicia, S.A.)
D.L.: VG 390-1998
Nº 24 Colección: Os libros do Centro Dramático Galego
O autor e dramaturgo de Compostela, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013, amósanos aquí unha
adaptación que realizara para un espectáculo homónimo presentado en
xullo do ano 1994, partindo da "Ópera do Mendigo" que John Gay estreara
en Londres en 1728 e que Bertolt Brecht rccuperou posteriormente na peza "A Ópera de catro cartos" e na narración "A novela de catro cartos".
Partindo dos textos suliñados, Vidal Bolaño constrúe unha notable peza
que ten como eixe central os supostos amoríos entre Polly e Mackie, O
Navallas (ou Sr. Bennet), e no que se van entrecruzar moitos outos
motivos que dan conta da corrupción xeneralizada existente por aquel
entón nun Londres atemporal e alegórico.
Versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados, arredor de textos de John Gay e de Bertolt Brehct.
Esta obra foi estreada pola Compañia Teatral "Teatro do Aquí" o 14 de xullo de 1994, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, baixo a dirección do seu autor ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.