Bailadela da morte ditosa
(Sete baleretadas de amor e unha de morte)
Ilustración da cuberta: Alfonso Costa
Colección: A Biblioteca do Arlequín
Bailadela
da morte ditosa preséntanos seis encontros coa morte noutros tantos
cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes
motivos: adiantar á propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a
ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra
vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado. E Roberto Vidal Bolaño píntanos eses cadros cos seus pinceladas
características: unha linguaxe áxil e poderosa, uns personaxes trazados
con gran profundidade e un achegamento ao tema -a morte buscada, a
"ditosa"- sen estridencias, con gran naturalidade como sempre se tratou
na nosa cultura e desde o noso imaxinario.
Esta obra obtivo o Premio ABRENTE 1980. Formaban o Xurado: Xosé R. Barreiro Fernández, Salvador García Bodaño, Xosé L. González Vázquez, Manuel Guede Oliva e Xosé A. Perozo Ruiz. Foi estreada o 23 de xuño de 1980 en Santiago de Compostela, no Auditorio de Santo Domingo (Museo do Pobo Galego), polo TEATRO DO ESTARIBEL.
FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAA PARA LER NA TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.