O próximos días 18 e 19 de maio terá lugar a IX FESTA DO OVO na parroquia de NESPEREIRA do noso concello.
O Sábado 18 de Maio terá lugar a partir das 21:00 horas o V SERÁN EN NESPEREIRA organizado por NOVAS AMISTADES.
O Domingo 19 de Maio, a partir das 11,00 da mañán serviranse diferentes pratos elaborados con ovos caseiros e ata as 21,00 horas poderedes degustar todos os pratos que vos ofrecen nesta singular festa que chega a súa 9ª edición. A festa estará amenizada polo Dúa ESTELAR.
Así que xa sabedes, como cada ano no mes de Maio...
FESTA GASTRONÓMICA DO OVO DE NESPEREIRA
Todos os pratos están feitos a base de ovos caseiros.
Entre todos os pratos que se poden degustar temos:
PATACAS FRITAS CON OVOS E CHOURIZO
(Prato estrela)
PATACAS FRITAS CON OVOS E CHOURIZO
(Prato estrela)
GRELOS CON PATACAS, OVOS E CHOURIZO
(Gran éxito das últimas edicións)
Se aínda así os vosos gustos non están satisfeitos, podedes degustar outros pratos como tortilla de patacas, tortilla francesa, empanada...
Destacar os prezos anticrise, onde por so 5 ou 6 euros degustarás estes pratos acompañados de viño e pan.
¡ANIMÁDEVOS E ACUDIR A NESPEREIRA!
BO PROVEITO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.