E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores galegos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores galegos. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de marzo de 2018

130 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE D. RAMÓN OTERO PEDRAYO

Con este pequeno artigo queremos conmemorar hoxe o 130º aniversario do nacemento do célebre defensor das Letras Galegas D. Ramón Otero Pedrayo.

Ramón Otero Pedrayo, ca.1950
Nado en Ourense o 5 de marzo de 1888, pertenceu ao denominado grupo Nós. Traballou distintos xéneros literarios: ensaio, novela e poesía, ademais de estudos científicos xeográficos na súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela.

Na Guía de Galicia, que dirixiu, están algunhas das súas mellores achegas. Militante do Partido Galeguista, foi deputado nas Cortes da República.

Entre as súas novelas destacan "Os  camiños da vida" (1928) e "O mesón dos Ermos" (1936), descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega.

Pero a máis coñecida é  "Arredor de si" que pode considerarse como parcialmente  autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración  Nós ata o galeguismo.

Tamén descatan entre as súas obras a novela "O señorito da Reboraina" (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario "Bocarribeira" (1958) e a súa achega ao eido teatral.

A biblioteca e os documentos e escritos de Otero  Pedrayo están conservados pola Fundación Otero Pedrayo onde podes conseguir moitísima máis información sobre a vida e obra do autor.

Achegate pola Biblioteca de Pazos de Borbén para solicitar algunha das obras do autor das que dispoñemos no noso catálogo. Preme AQUI para velas todas.

Deixámosvos unhas portadas dos libros dos que dispoñemos  en BiblioPazos.





xoves, 1 de xuño de 2017

LEDICIA COSTAS VISITA BIBLIOPAZOS


O próximo Luns, 5 de xuño visitará a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos a escritora viguesa LEDICIA COSTAS, unha das nosas grandes escritoras que foi galardoada, entre outros moitos, co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”. 

Sobre as 12:45 horas recibirémola coas brazos abertos acompañados dos usuarios da Asociación ASPAVI que asisten habitualmente ás clases de informática na biblioteca e dos alumnos de 6º de primaria do CPI de Pazos para falar e comentar sobre a súa obra literaria “Escarlatina, a cociñeira defunta” e algunha outra máis se nos da tempo, xa que non imos deixar de probar algunhas as receitas do inframundo que Escarlatina e Román nos invitan a facer durante a lectura do libro e que foron elaboradas polos asistentes a este encontro.

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén e a Biblioteca queremos agradecer a Edicións Xerais de Galicia as facilidades para que esta visita de LEDICIA COSTAS a Pazos de Borbén se fixera realidade.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS
E LEVA OS LIBROS DE
 
LEDICIA COSTAS
 
PARA LER NA TÚA CASA.

xoves, 7 de xullo de 2016

TEATRO: A LINGUA NA BOCA. Letras, riscos e pensamentos de Castelao


A LINGUA NA BOCA, letras riscos e pensamentos de CASTELAO é un espectáculo cómico, poético e musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Un proxecto deseñado para a Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do ANO CASTELAO.

Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor.

Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao.

Dicía Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua”. A lingua como xeito de entender e coñecer o mundo, a lingua como elemento de unión nun relato cultural compartido.

Castelao é unha das principais figuras da historia da Galiza, porén, non é pasado, é presente e futuro. Dende esa premisa construímos un espectáculo que serve de homenaxe e de reflexión compartida sobre o seu legado pois Castelao está máis de actualidade que nunca.

A Lingua na boca é un espectáculo multidisciplinar que integra música en directo, teatro, manipulación de obxectos e narración oral para xogar coa lingua.

Durante o espectáculo interpretaranse temas e melodías tradicionais galegos actualizados xogando coas posibilidades creativas que achega unha loop station e interpretados con guitarra, contrabaixo, melódica, zanfona e percusión. A exploración con distorsións, efectos e xogos vocais completan a atmosfera sonora desta homenaxe a Castelao.

Limiar teatro é unha compañía galega creada en 2009 á cabalo entre Vigo e Viana do Castelo. Con máis de 300 representacións en España, Francia, Portugal e Brasil dende entón, os seus espectáculos caracterízanse pola integración de diferentes disciplinas artísticas (teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas). Do mesmo xeito, Limiar teatro ten un especial interese pola lusofonía, ainternacionalización da cultura e a integración das artes escénicas na comunidade.

Dende 2013 a compañía é a encargada da coordinación do Festival de Teatro Lusófono de Galicia “Ponte na Escena”, proba dese compromiso coa lingua e a lusofonía.

EQUIPO

Dramaturxia, dirección e espazo escénico
Fran Núñez
Axudantía de dirección
Nuria Gullón e Jose Carlos Illanes 

Axudantía dramatúrxica
Manuel Polo
Espazo sonoro, composición musical e arranxos
Brais Iriarte 

Axudantía espazo sonoro
Coco Castro
Axudantía composición musical
Hugo Rodríguez Castro
Intérpretes
Brais Iriarte e Fran Núñez






NON VOS ESQUEZADES

Venres 22 de Xullo de 2016
22:00 horas
Praza do Concello de Pazos de Borbén

GOZA DESTE VERÁN CON
TEATRO GALEGO

ESTADES TODOS CONVIDADOS

ESPERÁMOSVOS
 

xoves, 17 de setembro de 2015

CLARA CAMPOAMOR E A LOITA POLO VOTO FEMININO

CLARA CAMPOAMOR E A LOITA POLO VOTO FEMININO
Autora: Mercedes Pacheco Vázquez
Edición: Non Venal - Concellaría da Muller
Ano de edición: 2006

Xénero: Biografías

No ano 2006 conmemórouse o 75 aniversario da primeira consecución do voto feminino en España. Un acontecemento histórico do que Clara Campoamor foi a protagonista indiscutible nas Cortes Constituíntes da II República.

A Concellaría da Muller do Concello de Santiago tributou unha homenaxe con este libro á muller que co seu esforzo en solitario conseguiu un avance tan significativo, logo suspendido polo franquismo.

O contexto historico no que se desenvolve a súa existencia, o proceso do feminismo no mundo e os paralelismos en España, a biografía de Clara Campoamor e a súa propia visión da consecución do voto para as mulleres, ademais da presenza das mulleres nas Cortes da II República conforman este traballo sobre un personaxe sobre o que o silencio tendeu a súa longa man inxustamente.

ISBN: 84-89597-16-2
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 13 cm
Nº de páxinas: 115

martes, 30 de xuño de 2015

VIDAS E FUGAS DE FANTO FANTINI

VIDAS E FUGAS DE FANTO FANTINI
Autor: Álvaro Cunqueiro
Tradución: Xosé Henrique Costas González
Editorial: Edicións Positivas, S.L
Ano de edición: 1991

Xénero: Narrativa

Velaquí unha grande novela onde o autor nos transporta á Italia do Quatroccento para relatarnos as aventuras de Fanto Fantini della Gherardesca, condotiero e fugador profesional, escoltado polo criado Nito, o can Remo e o cabalo Lionfante.

É esta unha obra síntese de elementos cabaleirescos e picarescos, ateigada de humor, sátira despiadada, teatralidade, tenrura e lírica saudosa. Unha obra digna e senlleira do xenio cunqueiriano.

ISBN: 84-87783-04-X
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 21 x 13 cm
Nº de páxinas: 159

sábado, 25 de abril de 2015

O SEGREDO DAS PALABRAS

O SEGREDO DAS PALABRAS
Autores: Miguel Seoane García e Charo Baleirón Sóñora
Ilustracións: Manuel Blanco Rey
Editorial: Grupo Correo Galego
Edición: Non venal

Xénero: Lingüística

Animados por un gran respecto e amor ó galego e á nosa herdanza léxica decidiron, hai dous anos, incluír no xornal O Correo Galego unha sección dedicada ás nosas voces.

Guiados algunhas veces pola sonoridade dos distintos termos (babuxar), outras o aspecto anecdótico do seu significado ou da súa orixe (estraperlo, quinqué); nuns casos atraeunos a forza expresiva dun vocábulo do que se está esquecendo o seu uso a prol doutras formas non tan contundentes (arrebolar fonte a tirar, guindar, lanzar) ou o feito de que se substitúa por un castelanismo; tamén nos engaiolou a tradición ou o folclore asociados a unha forma, como son os casos de termos pertencentes ó campo semántico do lecer, das plantas, dos animais (carballo, curuxa, sadismo). Por último, tamém deixamos un oco para lembrar algúns datos sobre diversos cultismos (epopea) e varios signos (?, @).

Trátase dunha obriña que ten como única pretensión a de entreter e a de servir de aguilloada para abri-las nosas mentes ó inmenso e interesante mundo das palabras e dos seus segredos.
 
ISBN: D.L. C-1001-2002
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm
Nº de páxinas: 259

venres, 28 de xuño de 2013

Escritor laureado y alumno excelente

Abel Lorenzo acaba de ganar los premios de poesía María Soliño y Francisco Añón 

maría villar 28.06.2013 | 07:35

Abel Lorenzo, de 17 años, vive en Pazos de Borbén. // De Arcos
Con solo 17 años, Abel Lorenzo, estudiante del IES Mendiño de Redondela, acumula ya tres premios de poesía, los últimos (María Soliño y Francisco Añón) ganados recientemente. Posee una media de 9 en selectividad y matrícula de honor en bachillerato, por lo que ayer hizo el examen para los premios extraordinarios.

Acaba de finalizar el bachillerato pero por sus conocimientos y manera de expresarse pudiera parecer que ha obtenido una cátedra de Filosofía o Literatura. Abel Lorenzo Rodríguez, de 17 años y natural de Pazos de Borbén, no solo es un alumno excelente del IES Mendiño de Redondela (matrícula de honor en Bachillerato y 9 en selectividad) sino también un poeta ya consolidado. Hace menos de dos semanas obtuvo el premio María Soliño y anteriormente el Francisco Añón (categoría de 15 a 17 años). El prestigioso jurado de este último certamen poético destacó de su obra agrupada bajo el título Transitio "la superposición de imágenes intertextuales y su bagaje cultural lleno de citas". Anteriormente, a los 11 años, Abel ganó el premio de poesía del Concello de Soutomaior, municipio para el que redactó el manifiesto contra la violencia de género.

"Lo cierto es que solo me presenté a esos tres concursos. A los últimos me animaron mis profesoras y aporté poemas fruto de mi trabajo personal en casa, ninguno fue escrito a propósito para el concurso", confiesa Abel, que ahora verá publicada su obra Transitio. Sin embargo, pese a su éxito, admite que no le presta "especial atención" a la poesía y tiende a leer más ensayos, novelas u obras filosóficas. Y entre sus autores favoritos figura Pessoa, Cortazar, Withman, Dickens, Safo... Como ellos, Abel emplea siempre su máquina de escribir.

Su futuro inmediato pasa por la Universidad de Santiago, donde ingresará para estudiar Historia y especializarse en la Edad Media. Además, planea realizar algún curso en Alemania, por lo que ya está aprendiendo el idioma. "Me gustaría ser investigador y docente, llevando a cabo una vida artística plena: música, poesía o pintura", comenta. Lo cierto es que Abel es un auténtico autodidacta, actualmente estudia griego clásico y piano por su cuenta, aunque también recibe clases de gaita. Combinar su pasión por la escritura con la Historia no le convence, "la deriva actual de la literatura histórica no me gusta, autores como Dan Brown son de ínfima calidad", argumenta.

Amante de las caminatas por el monte Galleiro o de la música de Mahler o Beethoven, reconoce que entre tantas aficiones no le queda mucho tiempo para salir con amigos. Su pasión por el estudio, y en particular por las letras, reconoce que acrecentó con el cambio al bachillerato, que coincidió con su llegada al IES Mendiño, donde mejoró incluso su media. Lo que permaneció invariable fue su desafección a las ciencias "no me gustan las matemáticas o la física, con fórmulas invariables que me resultan muy aburridas", explica.

Fuente: Faro de Vigo
 PARABÉNS ABEL

domingo, 19 de maio de 2013

Galaxia conmemora os 150 anos de Cantares Gallegos cun novo concurso en Twitter

 

A Editorial Galaxia colleulle o gusto a lanzar certames e iniciativas de promoción cultural no Twitter (como por exemplo a que puxo en marcha arredor de O Principiño). E está ben que así sexa: nas redes sociais como a devandita están as xeracións sobre as que no futuro recaerá a importante responsabilidade de manter vivo o noso. Proba do interese da editorial polas redes 2.0 é a posta en marcha dun novo certame no dito servizo de microblogging, desta volta para conmemorar os 150 anos de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro que celebramos neste 2013.

Deste xeito e da mesma maneira ca na actividade sobre O Principiño, todos os tuiteiros están convidados a enviar os seus chíos no hastag #rosaliasempreporque, completando o chío e explicando por que a súa obra sempre estará con nós, ou por que é tan importante para nós.

O gañador do concurso, o chío que máis seareiros obteña, recibirá un exemplar dos libros de Rosalía de Castro, Follas Novas, Cantares Gallegos, así como o Murguía de Xosé Ramón Barreiro Fernández, o Rosalía de Castro de Claude Henri Poullain, o Rosalía de Ramón Otero Pedrayo así como o Grial 194 que Galaxia dedica á poeta nacional.

Segundo nos contan os responsábeis do selo galego, dende o intre da activación do hastag, o martes pola noite, comezáronse a recibir chíos, "o que apunta cara a unha alta participación", sinalan. O gañador ou gañadora darase a coñecer o 15 de maio. 

mércores 8 de maio do 2013, por Fernando Sarasqueta 
Fonte: Código Cero

venres, 17 de maio de 2013

Roberto Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013

"Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002)

Trátase dunha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego e, xa que logo, do noso sistema literario. Desde aqueles inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Só uns meses antes do seu pasamento, no número 50 da revista A Trabe de Ouro publicouse o texto do seu monólogo "Sen ir máis lonxe", que Méndez Ferrín cualificou como o seu testamento dramático. Ese mesmo ano a Real Academia Galega nomeouno Académico Correspondente.

É indiscutible a importancia da figura de Roberto Vidal Bolaño para o teatro nacional galego. Aínda que morreu novo (52 anos), Vidal Bolaño é, sen dúbida, o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura; mais non é só a cantidade da súa obra a razón da súa importancia, senón as múltiples calidades que os seus textos achegan durante toda a súa actividade.

A produción de Roberto Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.

E con todo e achegar un currículo dramático inmellorable, o dun profesional que viviu sempre apegado ós escenarios, traballando en case todos os ámbitos da produción teatral, desde a dirección á iluminación, Vidal Bolaño non é soamente un home de teatro. Foi tamén un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia (sempre dicía que en realidade el quixo ser director de cinema). O seu traballo como director e como guionista, aínda que non chega á dimensión do seu labor dramático, tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun campo audiovisual galego que se expresase na lingua propia e dialogase co resto dos nosos campos culturais.

Por enriba de todo, Roberto Vidal Bolaño foi un extraordinario escritor. Fixo literatura dramática a consciencia, con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores, de apoiarse nos nosos clásicos (como Rosalía, Otero Pedrayo ou Cunqueiro, por exemplo) e na obra dos seus contemporáneos. Súa foi a translación aos escenarios do Percival de Méndez Ferrín, por exemplo, ou do Xelmírez de Cortezón ou da Rosalía de Otero Pedrayo. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico, en constante desenvolvemento.

A súa obra merece ser revisitada nos escenarios e especialmente nos textos, porque coma os grandes autores de todos os tempos, Roberto Vidal Bolaño foi quen non xa de describir o seu tempo, senón, sobre todo, de transformar a súa época. O teatro galego sábeo ben, e con el, o noso sistema literario. 

Texto publicado pola Real Academia Galega." 

Para saber máis clica AQUI  

Fonte:     robertovidalbolano.org
                    Real Academia Galega

xoves, 28 de febreiro de 2013

Imaxina Cantares


Autoría da imaxe: Ruth Caramés Blanco

Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan conxuntamente o concurso Imaxina Cantares! para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual.

O certame está dirixido a alumnado dos centros educativos de titularidade pública coordinado por profesorado pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega que, sempre que o traballo presentado acade os mínimos de calidade esixidos polo xurado, recibirá 8 horas de formación permanente. Ademais, para os mellores traballos establécense dous premios, un primeiro de 300 euros e un segundo de 200, en cada unha das tres categorías contempladas: educación infantil e primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais. 

150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos 
O primeiro poemario de Rosalía escrito en galego, Cantares Gallegos, marca o inicio do Rexurdimento das nosas letras e constitúe un excelente exemplo de reivindicación da nosa lingua e da nosa dignidade como pobo.

Nos últimos anos, as actividades de carácter audiovisual que promoven os equipos de dinamización da lingua galega non son só as preferidas polo alumnado, senón tamén as que se evidencian como máis efectivas para dinamizar e potenciar o uso do galego no eido educativo.

Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretarase nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe –videoclips, curtametraxes, anuncios publicitarios etc.–, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de marzo de 2013 

Prazo de envío das gravacións: ata o 22 de abril de 2013




xoves, 17 de xaneiro de 2013

Galaxia conmemora cun novo blog o centenario do nacemento de Fernández del Riego


Comezamos 2013, dende o punto de vista cultural e histórico, coa conmemoración do que sen lugar a dúbidas foi un dos galegos que máis contribuíu no pasado século a que a identidade do país perdurara e fose recoñecida, polos de fóra e por nós mesmos. Falamos de Francisco Fernández del Riego, escritor e académico que, por camiños indirectos pero certeiros, consolidou, antes da chegada das redes, este emprego das redes á maneira dos foros tradicionais da cultura galega. Para celebrar esta e outras cuestións relativas á súa figura, a Editorial Galaxia vén de pór en marcha un blog específico sobre o centenario do seu nacemento. Nel, entre outras cousas (achegas e referencias á súa persoa e traxectoria, ao que representa o seu legado), irase recollendo toda a información que xeren os actos de homenaxe.

Sinalar ademais que o caderno conmemora tamén os 50 anos da primeira convocatoria dunha celebración que colle moi de preto a Fernández del Riego: o Día das Letras Galegas. De feito, este festexo veu da man de tres persoeiros ben concreto da nosa cultura: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego. Para comezar, o blog estréase con tres achegamos ao intelectual homenaxeado da man de Malores Villanueva, o propio Fernández del Riego (
A nenez nunha pequena vila) e Víctor Freixanes.

martes 8 de xaneiro do 2013, por Fernando Sarasqueta
Fonte: 
 

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger