Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de abril de 2020

CELEBRAS CONNOSCO O DÍA DO LIBRO?


A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén convída a toda a veciñanza a celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) dun xeito virtual ao non poder celebralo con presenza física nin con actividades debido ao confinamento polo COVID-19.


Así queremos darvos aos usuarios da biblioteca e a toda a veciñanza todo o protagonismo a través dos seguintes retos:
  • Grava un vídeo lendo (un conto, una poesía, una novela, una obra de teatro…) só ou coa túa familia. (Pais, nais, fillos, fillas, avós, avoas…).
  • Fai una foto na que aparezas co libro que estás a ler estes días ou co que queiras recomendar. Podes facer a foto só ou en compañía.
  • Fai una foto do teu lugar de lectura preferido na casa.
  • Envía una frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento.
  • Escribe una frase curta que defina o que é a lectura para ti.
Fainos chegar a túa proposta a través dunha mensaxe por privado no Facebook de BiblioPazos ou a través do correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org

Todas as propostas recibidas serán publicadas na páxina de Facebook de Bibliopazos coas etiquetas #BiblioPazos #EuLeonacasa #Quedanacasa #EuQuedonacasa e #DiaMundialdoLibro2020

SÚMATE AO RETO E PARTICIPA!!!

PRAZO: Ata a finalización do confinamento do estado de alarma polo Covid-19.


domingo, 10 de marzo de 2019

CONCURSO "SELFIE LIX 2019" - DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Outro ano máis e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e a Asociación de Literatura Infantil y Juvennil Galtzagorri elkartea, co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte, convocan o concurso:


PARA PARTICIPAR:

Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca:

  • Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil.
  • Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida.
  • Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence.

En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar; así como tamén o nome do/a profesor/a ou biblitoecario/a, e o nome, o enderezo, e o teléfono do centro cun correo electrónico de contacto; e tamén a autorización do/a pai/nai ou titor para a reprodución da/das fotografías nas redes sociais.

PRAZO DE ENTREGA DOS TRABALLOS:

Na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén ata o


Día 5 de abril ás 14:00 horas

Os centros docentes e as bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por categoría segundo o seu bo criterio. Deberán entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 10 de abril en función da súa residencia ou ámbito lingüístico no que participe. Para Galicia é o seguinte:

GALIX. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia.
Monte Gaiás, s/n.
15707 - Santiago de Compostela

PREMIOS:

Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos:

  • Primeiros lectores (1º, 2º, 3º de Primaria)
  • Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de Primaria)
  • Superlectores (1º e 2º de Secundaria).

Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para as/os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.

A participación no concurso supón a autorización dos pais, nais ou titores dos menores para que as fotos poidan ser reproducidas e difundidas a través das redes sociais e da páxina web da OEPLI e das diferentes seccións territoriais.

A presentación de orixinais para o concurso tamén supón a aceptación e conformidade coas presentes bases.

Podedes descargar as BASES COMPLETAS facendo clic na seguinte imaxe:


PARA MÁIS INFORMACIÓN podedes contactar con nós na Biblioteca:
Teléfono: 986 497 273
E-mail: biblioteca@pazosdeborben.org
Redes Sociais: Facebook e Twitter.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

venres, 21 de decembro de 2018

ENTREGA DE PREMIOS DO "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Onte, xoves 20 de decembro, tivo lugar no auditorio do concello o acto de entrega de premios do "I CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN". 

Este certame foi convocado no mes de outubro polo Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal "BiblioPazos", dependente da Concellería de Cultura cos obxectivos de fomentar a creatividade entre o alumnado do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita e estimular o uso da lingua galega.

O prazo de entrega de relatos finalizou o día 23 de novembro e se presentaron un total de 64 traballos nas distintas categorías, todos eles alumnos e alumnas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos:

  • 13 na categoría A: 1º e 2º de Primaria.
  • 2 na categoría B: 3º e 4º de Primaria.
  • 44 na categoría C: 5º e 6º de Primaria.
  • 5 na categoría D: 1º e 2º de ESO. 
  • Ningún na categoría E: 3º e 4º de ESO.


O xurado -presidido pola Concelleira de Cultura Mª Teresa Cendón Barral, no que actuou como secretario José Manuel Soto Virulegio, funcionario encargado da biblioteca municipal; e no que formaron parte como vocais os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos" Uxía Porrítt Lueiro e Manuel González Pastoriza; a escritora Elizabet Ríos Liste (Eli Ríos) e a actriz e contadora de historias Raquel García Rodríguez (Raquel Queizás)- reuníuse o pasado día 11 de decembro para decidir aos galardonados e os seus membros coincidiron en valorar o bo nivel medio dos traballos presentados ao certame.

Os premiados dérónse a coñecer neste acto que presidiu o Alcalde do concello Andrés Iglesias Rodríguez, e que contou tamén coa presencia dos membros do xurado e do secretario da Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela Telmo Crespo Tojeiro, entidade colaboradora e patrocinadora de varios premios.

O acto comezou cunhas palabras do Sr. Alcalde, da Concelleira de Cultura e da escritora Eli Ríos dirixidas aos presentes na sala para agradecer o traballo de todos os participantes no certame así como a meritoria e destacable labor que desenrolaron os pais, nais, titores e profesores dos alumnos para documentar, dirixir e canalizar debidamente os seus relatos; e por axudalos nesta ardua labor creativa.

Os galardoados neste I Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén foron os seguintes:

CATEGORÍA A: NENOS/AS DE 1º E 2º DE PRIMARIA:

Premiados Categoría A: 1º/2º de Primaria
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “DIFERENTES PERO IGUAIS” e o pseudónimo de “IOR”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ROI MÍGUEZ COMESAÑA, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “SONGOKU CONTRA VEGETA” e o pseudónimo de “SERPE”. Aberta a plica correspondeu a autoría de BRUNO BARREIRO COUÑAGO, de 6 anos, estudante de 2º de primaria.

O xurado considerou premiar con accésits aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “O TIGRE E O DINOSAURIO” e o pseudónimo de “FLASH”. Aberta a plica correspondeu a autoría de JACOB EMRYS ARCA HARRIS, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “A PRINCESA” e o pseudónimo de “MAL”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ANDREA NAVEIRA FARO, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “O CASTELO” e o pseudónimo de “RAIDER”. Aberta a plica correspondeu a autoría de XUDIT ESCUDERO MÍGUEZ, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “A NENA QUE SE PERDEU” e o pseudónimo de “UMA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de AINHOA GARRIDO RODRÍGUEZ, de 7 anos, estudante de 2º de primaria.

CATEGORÍA B: NENOS/AS DE 3º E 4º DE PRIMARIA:

Premiados Categoría B: 3º/4º de Primaria
Nesta categoría o xurado decidiu declarar desertos o primeiro e segundo premios e conceder os seguintes accésits:

Traballo presentado baixo o título “A NENA PERDIDA” e o pseudónimo de “PAULA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 9 anos, estudante de 4º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “O LIBRO DOS MONSTROS” e o pseudónimo de “MARÍA LORENZO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de MARÍA LORENZO FERREIRA, de 9 anos, estudante de 4º de primaria.

CATEGORÍA C: NENOS/AS DE 5º E 6º DE PRIMARIA:

Premiados Categoría C: 5º/6º de Primaria
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “SARA SOÑA CON SER BRUXA” e o pseudónimo de “RODRI”. Aberta a plica correspondeu a autoría de XIÁN ALVARIÑO RODRÍGUEZ, de 10 anos, estudante de 5ºA de primaria.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “DINA E O POBO PERDIDO” e o pseudónimo de “SARI”. Aberta a plica correspondeu a autoría de SARA GARCÍA COMESAÑA, de 10 anos, estudante de 5ºA de primaria.

O xurado considerou premiar con accésits aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “O PITO QUE APRENDEU A LER” e o pseudónimo de “DAIGO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de DIEGO DOMÍNGUEZ COSTAS, de 10 anos, estudante de 5ºA de primaria.

Traballo presentado baixo o título “O MEU LUGAR SOÑADO” e o pseudónimo de “PENÉLOPE”. Aberta a plica correspondeu a autoría de LAURA MARTÍNEZ COSTAS, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “A MINA MALDITA” e o pseudónimo de “VANESA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de FERNANDO JÁCOME FRAGUEIRO, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “UNHA MULLER MOI VALENTE” e o pseudónimo de “MONECHA 422”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ANTÍA PORTELA MENÉNDEZ, de 10 anos, estudante de 5ºB de primaria.

Traballo presentado baixo o título “A BRUXA MARUXA E O ESQUELETE MANOLO” e o pseudónimo de “MARÍA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de PAULA PÉREZ MOURIÑO, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

Traballo presentado baixo o título “O BOSQUE DA PANTASMA” e o pseudónimo de “LOLO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de MÍKEL FERNÁNDEZ MURAS, de 10 anos, estudante de 5ºA de primaria.

Traballo presentado baixo o título “UN NENO FUTBOLISTA” e o pseudónimo de “SALVI”. Aberta a plica correspondeu a autoría de IAGO SALVADOR PAZOS, de 10 anos, estudante de 5ºA de primaria.

Traballo presentado baixo o título “QUERO COÑECERTE” e o pseudónimo de “KANDY”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ANTÍA CERNADAS ALFONSO, de 10 anos, estudante de 5ºA de primaria.

Traballo presentado baixo o título “O ESPELLO DA SEREA NATALIA” e o pseudónimo de “DULCE”. Aberta a plica correspondeu a autoría de UXÍA PUGA SANTOS, de 11 anos, estudante de 6º de primaria.

CATEGORÍA D: MOZOS/AS DE 1º E 2º DE ESO:

Premiados Categoría D: 1º/2º de ESO
Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “O FILLO” e o pseudónimo de “LUCIPRO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de LUCÍA ACUÑA AMIL, de 13 anos, estudante de 2ºA de ESO.

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “UNHA HISTORIA SEN FRONTEIRAS” e o pseudónimo de “UBESADÍO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de UXÍA CERNADAS BESADÍO, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

O xurado considerou premiar con accésit ao traballo seguinte:

Traballo presentado baixo o título “A HISTORIA DA MIÑA SUPERVIVENTE” e o pseudónimo de “ALLALO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de OLALLA DOMÍNGUEZ ALVAREZ, de 13 anos, estudante de 2ºA de ESO.

CATEGORÍA E: NENOS/AS DE 3º E 4º DE ESO:

Nesta categoría declaránrose desertos os premios ao non terse presentado ningún traballo.

Todos os participantes recibiron un diploma acreditativo da súa participación neste certame.

Todos os participantes

Os premiados con accésits recibiron un diploma acreditativo e un libro de agasallo.
Os galardoados co 1º e 2º premio recibiron un diploma acreditativo e os premios que figuraban nas bases do certame:
-Un libro electrónico e un lote de libros para os primeiros.
-Un lote de libros para os segundos.
Todos os traballos gañadores publicaránse nas próximas datas no blog e nas redes sociais da biblioteca e nas do concello.
Agradecer de novo aos participantes o seu traballo e animalos a concursar en próximas edicións.
Agradecer ao xurado a súa desinteresada colaboración e o excelente e difícil traballo realizado na valoración dos relatos presentados.
Á Fundación Filomena Rivero Alonso e á Deputación Provincial de Pontevedra polo patrocinio dos premios do certame.
Ata a próxima edición.

BO NADAL e FELIZ ANINOVO

luns, 13 de marzo de 2017

CONCURSO "ANDERSEN HOXE" - DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2017

Con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, a OEPLI e as súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Gatzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convocan o concurso

"ANDERSEN HOXE"



PARA PARTICIPAR:

  • Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
  • Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por categoría, segundo o seu bo criterio,e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou por correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos, en función da súa residencia e/ou ámbito lingüístico. Para Galicia é o seguinte:  

GALIX. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia.
Monte Gaiás, s/n 15707 Santiago de Compostela
galix@galix.org

  • Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos:

    Primeiros lectores (1º/2º/3º Primaria)
    Lectorado avanzado (4º/5º/6º Primaria)
    Superlectores (1º e 2º de Secundaria)
  •  Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para as e os premiados e a entidade (Biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.

https://es.wikipedia.org/wiki/Hans_Christian_Andersen



Para máis información podes descargar as BASES COMPLETAS e o IMPRESO DE PARTICIPACIÓN facendo clic AQUÍ




ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

sábado, 11 de marzo de 2017

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2017


Outro ano máis BIBLIOPAZOS súmase aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebrará en todo o mundo o próximo día 2 de abril e que en España promove a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY (International Board on Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e Galtzagorri Elkartea. 

Dende o ano 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. 

Este ano 2017 difundirase entre os nenos e nenas do mundo a mensaxe do poeta SERGEY MAKHOTIN e o cartel do ilustrador MIKHAIL FEDOROV que preparou a sección rusa do IBBY. 

A OEPLI convídanos a todos a participar no CONCURSO “ANDERSEN HOXE” dirixido a todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. As bases pódense descargar facendo clic AQUÍ.

ACTIVIDADES
O mércores 5 de Abril, a partir das 13:00 horas na Sala de Lectura, aproveitaremos para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para o que teremos a ANDREA VÁZQUEZ de “Os Piñeiriños” co seu espectáculo de contacontos “Mergullámonos!... outra vez”, dirixido a nenos e nenas ata 9 anos, e que son un conxunto de historias que nos convida a explorar o mundo das emocións.. Esta actividade que forma parte da programación de LER CONTA MOITO de 2017.

O venres 7 de Abril, a partir das 12:30 horas na Sala de Lectura, seguiremos coas celebracións do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co Obradoiro de Poesía Visual a cargo do poeta David Fernández Rivera co obxectivo de fortalecer a creatividade innata dos nenos e a observación sen prexuízos nin etiquetas, ademáis de dar a coñecer e valorar os diferentes tipos de manifestación poética, valorar a poesía visual como expresión tan valiosa coma as contidas nos textos literarios tradicionais, fomentar o traballo grupal… Esta actividade esta patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.



MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL
DO LIBRO INFANTIL 2017 

MEDREMOS CO LIBRO!

Cando era moi neno gustaba de construír casas con bloques e con
xoguetes de todo tipo. No canto do tellado, decotío empregaba un
libro infantil ilustrado. Nos meus soños, agatuñaba ao interior da
casa, deitábame na cama feita cunha caixa de mistos e ollaba para
as nubes ou o ceo estrelado. Dependía da ilustración que máis me
gustase.

De maneira intuitiva, seguín a norma vital de cada neno, que procu-
ra crearse un medio cómodo e seguro; e un libro infantil de certo
axudaba a conseguilo.

Logo medrei, aprendín a ler, e un libro na miña imaxinación
comezou a parecer máis unha bolboreta, ou mesmo un paxaro, ca o
tellado dunha casa. As páxinas do libro semellaban as ás e crepita-
ban. Parecía que o libro que xacía na repisa da ventá ía saír voando
pola fiestra aberta cara a lugares descoñecidos. Collino e comecei a
ler, e o libro comezou a acougar. Logo seguín o libro a outras terras
e mundos, expandín así o espazo da miña imaxinación.

Que felicidade ter un libro novo nas mans! Ao principio non sabes de
que vai. Resistes a tentación de abrir a última páxina. E que ben
cheira! É imposible dividir o seu cheiro nos seus compoñentes: tinta
de imprenta, cola... Non, non se pode. Un libro ten un cheiro particu-
lar, único e emocionante. As puntas dalgunhas páxinas péganse
entre elas, coma se o libro aínda non estivese esperto. Esperta
cando comezas a lelo.

Estás a medrar e o mundo ao teu redor está a facerse máis compli-
cado. Estás enfrontándote a preguntas que ningún adulto está
preparado para responder. Con todo, é tan importante que compar-
tas as túas dúbidas e segredos con alguén! E velaquí que chega de
novo un libro para te axudar. Moitos de nós nos temos sorprendido
pensando “este libro vai sobre min!”. E, de súpeto, o personaxe
favorito parécese a ti. Ten os mesmos problemas e enfróntase a eles
con dignidade. E outro personaxe non se che parece en nada, pero
queres que sexa o teu modelo a seguir, queres ser igual de valente
ou ter o mesmo enxeño.

Cando un neno ou nena di “non me gusta ler!”, a min dáme a risa.
Non lles creo. Seguro que comen xelados, xogan a xogos e ven
películas interesantes. Noutras palabras: gústalles divertirse. E ler
non é un traballo duro de cara a desenvolver os sentimentos e a
personalidade, o que é, antes que nada, é un gran pracer.

E, para iso, especialmente, é para o que os autores escribimos libros
infantís!
Sergey Makhotin


Traducción: Sabela González Panizo

Fonte: GÁLIX - OEPLI

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger