Outro ano máis e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e a Asociación de Literatura Infantil y Juvennil Galtzagorri elkartea, co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte, convocan o concurso:
PARA PARTICIPAR:
Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca:
- Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil.
- Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida.
- Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence.
En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar; así como tamén o nome do/a profesor/a ou biblitoecario/a, e o nome, o enderezo, e o teléfono do centro cun correo electrónico de contacto; e tamén a autorización do/a pai/nai ou titor para a reprodución da/das fotografías nas redes sociais.
PRAZO DE ENTREGA DOS TRABALLOS:
Na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén ata o
PRAZO DE ENTREGA DOS TRABALLOS:
Na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén ata o
Día 5 de abril ás 14:00 horas
Os centros docentes e as bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por categoría segundo o seu bo criterio. Deberán entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 10 de abril en función da súa residencia ou ámbito lingüístico no que participe. Para Galicia é o seguinte:
GALIX. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia.
GALIX. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia.
Monte Gaiás, s/n.
15707 - Santiago de Compostela
PREMIOS:
Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos:
Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para as/os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
A participación no concurso supón a autorización dos pais, nais ou titores dos menores para que as fotos poidan ser reproducidas e difundidas a través das redes sociais e da páxina web da OEPLI e das diferentes seccións territoriais.
PARA MÁIS INFORMACIÓN podedes contactar con nós na Biblioteca:
Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos:
- Primeiros lectores (1º, 2º, 3º de Primaria)
- Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de Primaria)
- Superlectores (1º e 2º de Secundaria).
Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para as/os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
A participación no concurso supón a autorización dos pais, nais ou titores dos menores para que as fotos poidan ser reproducidas e difundidas a través das redes sociais e da páxina web da OEPLI e das diferentes seccións territoriais.
A presentación de orixinais para o concurso tamén supón a aceptación e conformidade coas presentes bases.
Podedes descargar as BASES COMPLETAS facendo clic na seguinte imaxe:
PARA MÁIS INFORMACIÓN podedes contactar con nós na Biblioteca:
Teléfono: 986 497 273
E-mail: biblioteca@pazosdeborben.org
Redes Sociais: Facebook e Twitter.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.