A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén convída a toda a veciñanza a celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) dun xeito virtual ao non poder celebralo con presenza física nin con actividades debido ao confinamento polo COVID-19.
Así queremos darvos aos usuarios da biblioteca e a toda a veciñanza todo o protagonismo a través dos seguintes retos:
- Grava un vídeo lendo (un conto, una poesía, una novela, una obra de teatro…) só ou coa túa familia. (Pais, nais, fillos, fillas, avós, avoas…).
- Fai una foto na que aparezas co libro que estás a ler estes días ou co que queiras recomendar. Podes facer a foto só ou en compañía.
- Fai una foto do teu lugar de lectura preferido na casa.
- Envía una frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento.
- Escribe una frase curta que defina o que é a lectura para ti.
Fainos chegar a túa proposta a través dunha mensaxe por privado no Facebook de BiblioPazos ou a través do correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org
Todas as propostas recibidas serán publicadas na páxina de Facebook de Bibliopazos coas etiquetas #BiblioPazos #EuLeonacasa #Quedanacasa #EuQuedonacasa e #DiaMundialdoLibro2020
SÚMATE AO RETO E PARTICIPA!!!
PRAZO: Ata a finalización do confinamento do estado de alarma polo Covid-19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.