AS CONTAS QUE NOS CONTAN
As balanzas fiscais como ideoloxía recentralizadora
Autor: Xosé Díaz Díaz
Sermos Galiza S.A; 2016
Xénero: Ciencias Sociais - Economía
As balanzas fiscais son un instrumento utilizado para pór de manifesto os fluxos financeiros -de ingresos e de gastos- que se producen entre espazos económicos con diferentes niveis de goberno. De modo que, nos estados realmente -politicamente- descentralizados, permiten visualizar dun xeito acaido como se exercen as soberanías fiscais respectivas, partilladas horizontalmente entre os diferentes niveis de goberno, como representación dunha unión xurídico-institucional feita en pé de igualdade entre as partes constitutivas orixinais, mentres que nos estados unitarios, limitadamente descentralizados desde unha perspectiva política, como acontece no caso do Estado español, representan estas relacións xerarquizadas verticalmente, poñendo de manifesto un nivel superior en termos de soberanía, dun goberno sobre os outros, suxeitos a unha relación real de dependencia política e aos que non se lles recoñece ningunha soberanía orixinal nin de facto nin de iure.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.