Continuamos a programación de LER CONTA MOITO 2020 o Xoves día 24 de setembro ás 13:00 horas no que a actriz e presentadora Genma Pardo “GEMOLA” traerános unha actividade de dinamización denominada “DECTECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO...” no que durante os 60 minutos de duración intentaremos que os asistentes resolvan este caso sen nome.
"Se soñas con ser un auténtico detective e resolver misterios inexplicables; Se chaman a túa atención as series de investigación; pois esta é a túa oportunidade..."
Asistirán os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, e xa os manteremos informados sobre a resolución deste caso coa axuda da Detective Gemola.
Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
NON VOS ESQUEZADES!!!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.