sábado, 26 de setembro de 2020

BIBLIOPAZOS presenta "NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE" con Sabela Gago de Sarabela Teatro - Programa LER CONTA MOITO 2020


E damos por finalizadas as actividades do programa LER CONTA MOITO 2020 o Venres 2 de outubro ás 10:30 horas coa actividade de narración oral “NATURIZO E O ESPÍRITO DO BOSQUE” que nos traerá a mestra, pedagoga e actríz de Sarabela teatro Sabela Gago, que con esta actividade pretende -entre outras cousas- fomentar entre os escolares o amor pola natureza e polos animas, así como o coidado do medio ambiente.

“Os animais do bosque buscan a Naturizo e convidarán aos rapaces a axudarlles, pero como está hibernando, o público terá que reconstruír a primavera para espertalo e que salve a súa amiga Amelia, atragantada cun tapón que confundiu con comida.

 

Naturizo nomeará aos rapaces e rapazas “Naturvixiantes” tras pasarlles unhas probas e comprobar a súa destreza na reciclaxe e coidado do medio ambiente.”

Todos os asistentes serán agasallados cunha chapa e un carné de “Naturvixiante”.

Prevese a asistencia dos alumnos de 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

NON VOS ESQUEZADES!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger