Amosando publicacións coa etiqueta Relacións Pais e Fillo.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Relacións Pais e Fillo.. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de abril de 2021

MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN

MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN
Autor: Gonzalo Moure
Ilustracións: María Girón
Tradución: Manuela Rodríguez
Kalandraka Editora
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro, que transmite a tenrura e a admiración entre os protagonistas.

ISBN: 978-84-1343-030-0
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

luns, 21 de setembro de 2020

NOUTRA DIMENSIÓN


NOUTRA DIMENSIÓN
Autor: Marica Campo
Ilustradora: Noemí López
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

"Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non eu chamábame eu". 

Desta maneira misteriosa comeza esta nova obra de Marica Campo, unha autora que, dende hai ben tempo, goza dos favores dos que saben apreciar a boa literatura.

Aquí atoparás unha historia chea de maxia, misterio e, sobre todo, de moitas aventuras fantásticas, tanto, que non as podes nin imaxinar. 

Terás que ler o libro se queres saber todo o que agocha dentro.

ISBN: 978-84-0865-351-9
Nº de páxinas: 213
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

mércores, 19 de agosto de 2020

AGORA NON, BERNARDO


AGORA NON, BERNARDO 
Autor: David McKee 
Edita: Kalandraka Editora, SL 

Xénero: Literatura Infantil en Galego- Contos 
Idade recomendada: +5 anos 

A Bernardo os seus pais non lle fan ningún caso. Pero agora hay un monstro no xardín.

Lle farán caso agora? 

Se o teu fillo di que hai un monstro a piques de papalo, que farías?

Un clásico que, corenta anos despois, segue tan vixente como daquela.

De lectura obrigada para reflexionar sobre a (in)comunicación. 

ISBN: 978-84-8464-428-6 
Nº de páxinas: 26 
Encadernación: Tapa dura 
Formato: 22,5 x 26,5 cm

xoves, 19 de xullo de 2018

ÚRSULA, A MAIOR


ÚRSULA, A MAIOR
Autor: Alice Vieira
Traducción: Vicente Rodríguez Lamela
Ediciones S.M.
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

María Xoana ten que compartillar o seu cuarto con Úrsula, a quen todos chaman Xuxú. Pasoulle o mesmo antes con Anisabel, con Sara...

Pero Xuxú é diferente de todas as anteriores. Chega con ares de grandeza e cunha educación que ten moi pouco que ver coa das rapazas e rapaces da súa clase no colexio. Da súa reeducación vanse a encargar, para desesperación da nai da Xuxú, a mesma María Xoana, o Xil Eanes, compañeiro de clase desta última, e Carolina, a muller coa que o seu pai casou ao divorciarse da súa nai.

Úrsula, a maior é un libro cheo de humor e finísima ironía. Ao longo da súa lectura o sorriso xamais desaparecerá dos labios do lector. E ese sorriso converterase máis dunha vez en gargallada...

ISBN:84-348-3683-1
Nº de páxinas: 154
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


mércores, 28 de marzo de 2018

GORDIÑO RECHEO


GORDIÑO RECHEO
Autora: Fina Casalderrey
Ilustracións: Xan López Domínguez
Edicións SM
Colección O Barco de Vapor

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: A partir de 9 anos

Son Zoel e estou algo gordecho. Pasei uns días no hospital cunha costela rota e os pés escaiolados. Ademais, descubríronme colesterol e hipertensión, que seica aparecen pola mala alimentación. Como non podia moverme, aproveitei para escribir estas memorias.

Nelas conto o que pasou no campamento, onde case me ocorre unha desgraza, e o aburrido que foi estar no hospital. Menos mal que neses días lin un libro ben divertido que me fixo pensar... serei obeso?

ISBN:978-84-9854-001-7
Nº de páxinas: 110
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 19 cm




BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger