Amosando publicacións coa etiqueta Busqueda da propia identidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Busqueda da propia identidade. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2020

CÁNDIDO E OS DEMAIS


CÁNDIDO E OS DEMAIS
Autor: Fran Pintadera
Ilustrador: Christian Inaraja
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO 2018

Cándido non é como os demais. Cándido é especial. As veces síntese incomprendido. As veces síntese invisible. Pero tamén gústanlle cousas que lles gustan os demais.

A diferenza e a diversidade, a través das vivencias dun personaxe sensible, distinto; ou non tanto. Todo depende da mirada: a propia cara aos demais, e a allea cara a un mesmo.

ISBN: 978-84-8464-420-0
Nº de páxinas: 41
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 30 cm

xoves, 19 de xullo de 2018

ÚRSULA, A MAIOR


ÚRSULA, A MAIOR
Autor: Alice Vieira
Traducción: Vicente Rodríguez Lamela
Ediciones S.M.
Colección Gran Angular

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

María Xoana ten que compartillar o seu cuarto con Úrsula, a quen todos chaman Xuxú. Pasoulle o mesmo antes con Anisabel, con Sara...

Pero Xuxú é diferente de todas as anteriores. Chega con ares de grandeza e cunha educación que ten moi pouco que ver coa das rapazas e rapaces da súa clase no colexio. Da súa reeducación vanse a encargar, para desesperación da nai da Xuxú, a mesma María Xoana, o Xil Eanes, compañeiro de clase desta última, e Carolina, a muller coa que o seu pai casou ao divorciarse da súa nai.

Úrsula, a maior é un libro cheo de humor e finísima ironía. Ao longo da súa lectura o sorriso xamais desaparecerá dos labios do lector. E ese sorriso converterase máis dunha vez en gargallada...

ISBN:84-348-3683-1
Nº de páxinas: 154
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 13 x 21 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger