E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 4 de decembro de 2016

CONTACONTOS "ZAMPULLADAS, COME DE TODO MENOS TRAPALLADAS"

https://www.dropbox.com/s/b45fu4cunnjkkv7/2016-06-03%20GEMA%20PARDO%20-%20ZAMPULLADAS.jpg?dl=0

Seguindo coa programación prevista e para finalizar as actividades de Animación á Lectura deste ano 2016 teremos en BIBLIOPAZOS o Día 19 de Decembro, Luns, a partir das 13:00 horas, a GENMA PARDO (Gema gemola, a contadora de contos que máis mola) que nos ofrecerá o seu espectáculo de contacontos “Zampulladas: come de todo menos trapalladas”.
 
Con esta actividade celebraremos a declaración pola Asemblea Xeral da ONU do ano 2016 como “Ano internacional das legumes”, e na que se designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para que facilite a celebración deste evento co que se propón sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.
 
Temos prevista a asistencia duns 60 nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
 
Agradecer desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén -BiblioPazos- á Fundación Filomena Rivero Alonso o patrocinio destas actividades e tamén o desexo de continuar colaborando en anos vindeiros co obxectivo principal de seguir desenrolando actividades de carácter formativo, educativo, culturais e sociais dirixidas a tódolos públicos entre ámbalas dúas institucións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger