Seguimos coa programación de Animación á Lectura e presentamos para o
Martes, 13 de decembro
ás 11:00 horas
á compañía teatral
co espectáculo de contos con música
que nos ofrecerán
BEA CAMPOS
e
DAVIDE GONZÁLEZ
¿Como te chamas?
Comecastañas.
“ Eu as como
e ti as apañas”
unha
sesión de contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de
festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no
noso maxín, entreremos no mundo da fantasía e da imaxinación…
“Contos nas orellas” é unha actividade para
todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer
instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.
Nesta actividade está prevista a participación
de tódolos rapaces e rapazas de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de
Pazos e dos da EEI “A Galeriña” de Outeiro-Nespereira, un total aproximado de
60 nenos e nenas gozando con “Contos nas orellas”.
Patrocina a
Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.