Os alumnos de 3º e 4º da ESO Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos realizarán o día 20 de abril na Aula Informática do colexio un novo Obradoiro de BookCrossing para conmemorar a celebración do “Día Internacional do Libro” o día 23 de abril, data na que serán liberados os libros rexistrados neste obradoiro.
No mesmo aprenderán a rexistrarse na páxina web www.bookcrossing.com como usuarios e tamén a facelo cos seus libros, a etiquetalos e a liberalos para o disfrute doutros usuarios e dos veciños en xeral.
Os Obradoiros serán impartidos por persoal do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, e o Concello aportará gratuitamente os materiais necesarios para etiquetar e liberar os libros.
Dende a o Centro Antena e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e dende o CPI “Curros Enríquez” de Pazos faise un chamamento aos veciños para que se animen a participar desta actividade de ANIMACIÓN Á LECTURA durante todo este mes no que se celebrou a conmemoración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” o día 2 de abril e no que se conmemorará o “Día Internacional do Libro” o próximo luns día 23, e os convocan a acudir á Biblioteca Pública para informarse sobre cómo levar a cabo esta actividade.
Con este novo obradoiro o Concello de Pazos de Borbén convírtese deste xeito no municipio da provincia de Pontevedra con maior número de exemplares de libros liberados por esta modalidade de Bookcrossing.
Os veciños poderán “cazar” os libros liberados entrando na web www.bookcrossing.com para localizados, ou tamén acudindo aos lugares sinalados de liberación: a Casa do Concello, o Colexio Curros Enríquez e a Biblioteca Pública Municipal en Pazos; o Centro Cultural e Recreativo en Moscoso: a Casa do Pensionista en Amoedo; e o Centro Cultural en Nespereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.