sábado, 22 de xuño de 2013

Google Drive adopta ao galego entre as súas 65 linguas

mércores 19 de xuño do 2013, por Marcus Fernández

 

Hai pouco máis dun ano o servizo de documentos de Google, Google Docs, mudou de filosofía aspirando a ser un almacenamento en liña chamado Google Drive, e nas últimas horas experimentou outro novo cambio significativo, como é a incorporación de traducións a 18 novos idiomas chegando a un total de 65. Deste xeito, aparte de africáner, lingua amárica, cingalés, chinés de Hong Kong, español latinoamericano, lingua estoniana, francés canadense, islandés, khmer, lingua laosiana, malaio, nepalí, persa, suahili, urdú e zulú, agora tamén podemos accede a este servizo en éuscaro e galego. 


Fonte: Código Cero

venres, 21 de xuño de 2013

O San Xoán - LITERATURA INFANTIL

O San Xoán
Ilustracións de Jacobo Fernández
Galaxia, Editorial
Colección: Pimpín por aquí non vin 


A festa do lume 

Un fermoso libro-acordeón para entendermos unha das festas máis importantes de Galicia. Noite de sardiñas na grella, chimpos sobre o lume e baile na praia.

Nº Páxinas: 14
ISBN: 978-84-9865-153-9
Encadernación: Cartoné
Data publicación: marzo 2009
Edición: 1ª 


FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger