NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de maio de 2019

OBJETIVO HEDY LAMARR


OBJETIVO HEDY LAMARR
Autor: Ricardo Vilbor
Ilustrador: Ángel Muñoz
Color: Abel Pajares
Edita: Grafito Editorial

Género: Literatura en Castellano - Cómic

Hedy Lamarr, estrella de Hollywood, objeto de deseo, productora ejecutiva, protagonista de incontables portadas... Y objeto del III Reich.

¿Por qué querrían los nazis, en plena Guerra Mundial, asesinar a una actriz? La agente Smith, que recibe el encargo de protegerla, va a descubrir que Lamarr es la clave para acabar con el conflicto... y cambiar el rumbo de la historia.

Con prólogo de Clara Grima. Matemática y divulgadora científica.

ISBN: 978-84-947670-1-2
Nº de páginas: 104
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 17 x 24 cm.

venres, 11 de xaneiro de 2019

TITO LONGUEIRON


TITO LONGUEIRON
Autor: Pinto & Chinto
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura en Galego - Cómic

Futbolista, piloto de carreiras, saltador de lonxitude e altura, boxeador, lanzador de disco, regatista, esquiador...

Ningún deporte ten segredos para Tito Longueirón, quizáis o atleta máis completo da Historia (e da historieta). En cada unha das disciplinas fai uso das súas cualidades innatas, entre as que, todo hai que dicilo, destacan a pillería e unha leve tendencia a facer pequenas trampulladas.

ISBN: 84-8464-554-1
Nº de páxinas: 59
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 30,5 cm.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

EL SEÑOR JEAN, EL AMOR, LA PORTERA


EL SEÑOR JEAN, EL AMOR, LA PORTERA
Autor: Dupuy - Berberian
Edita: Norma Editorial

Género: Literatura en Castellano - Cómic

Señor Jean, cuyo cuarto volumen ganó el premio al mejor álbum en  Angoulême 1999, es el mejor ejemplo de aquellas obras que empiezan haciendo poco ruido y que al poco tiempo, se convierten en una de las series más alabadas por todo el mundo.

El éxito de crítica y público no hace sino confirmar que el magnífico trabajo de Dupuy y Berberian es una de las mejores historietas que se publican actualmente en Europa.

ISBN: 84-8431-171-6
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 22 x 29,5 cm.

mércores, 9 de xaneiro de 2019

OS BARBANZÓNS: BAROÑA OU MORTE


OS BARBANZÓNS
BAROÑA OU MORTE
Autor: Pepe Carreiro
Editorial ToxoSoutos

Xénero: Literatura en Galego - Cómic

Os Barbanzóns son unha familia celta composta pola nai, unha vella do castro de Baroña chamada Tara; os tres fillos dela, Con, Bre e Lerankos; a noda Irlandesa, Guinnes; o xenro das montañas orientais do que hoxe é Galiza, Bar; os tres netos, Son, Baal e Muni, e un oso de nome Banza.

Todos eles están de aventuras na banda deseñada.

ISBN: 84-96259-06-4
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 30 cm.

domingo, 23 de decembro de 2018

A MANSIÓN DOS PAMPÍN


A MANSIÓN DOS PAMPÍN
Autor e ilustrador: Miguelanxo Prado
Edita: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Xénero: Literatura Galega - Banda deseñada

O igual que fixo con Pedro e o Lobo, Miguelanxo Prado adica o seu último traballo a un público adolescente.

O señor Indalecio Pampín e a sua familia prometense moi felices.

A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e un río.

Pero cando el, a súa amantísima esposa e os seus dous fillos adolescentes chegan a mansión... descobren que o que pensaban que era un soño converterase no seu peor pesadelo.

Comeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic dos últimos anos...

ISBN: 84-85665-61-9
Nº de páxinas: 47
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 30 cm.




mércores, 5 de decembro de 2018

FIZ


FIZ
Autor: Kiko da Silva
Kalandraka Editora

Género: Literatura en Castellano - Cómic

Fiz parece el niño más guarro del mundo.Le encanta hacer muñecos con mocos, hablar con zurullos callejeros y darle de comer al retrete...

La gente dice que es un niño muy guarro pero lo cierto es que Fiz sólo es un niño.

ISBN: 84-9346-414-7
Nº de páginas: 59
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm.

luns, 13 de febreiro de 2017

MORTADELO Y FILEMÓN EL TIRANO


MORTADELO Y FILEMÓN EL TIRANO
Autor: Francisco Ibáñez                                                          
Ediciones B, S.A; 2001                                 
                         
Xénero: CÓMIC

 La T.I.A. ha llegado a un acuerdo con los cuerpos de seguridad de otros países para aplastar al ser más miserable, abyecto, vil y repelente del mundo: el general Antofagasto Panicho, presidente de la República de Chula. 

Y por parte de la T.I.A. se ha decidido enviar a dos de sus mejores agentes... pero como les tocaba 40 días de vacaciones, no ha habido más remedio que llamar a Mortadelo y Filemón en su lugar. 

¡Espero que todos tengáis vuestros seguros de vida al corriente de pago, pues esta pareja es capaz de llevarnos a la tercera Guerra Mundial!

Nº de páxinas: 50
Encadernación: Tapa blanda


sábado, 4 de febreiro de 2017

MORTADELO ESPECIAL FÓRMULA 1


MORTADELO ESPECIAL FÓRMULA 1
Autor: Francisco Ibáñez                                                           
Ediciones B, S.A; 2006                                 
                         
Xénero: CÓMIC

¡¡¡ DESCUBRE TODO
LO QUE QUERÍAS SABER
SOBRE LA PRUEBA REINA
DEL MOTOR!!!
 
Mortadelo y Filemón se apuntan a la “alonsomanía” con un especial que pone patas arriba el mundo de la Fórmula 1. Los pilotos, los circuitos, la terminología básica, las escuderías, la mecánica y los accesorios de los monoplazas... Y por si fuera poco, la aventura completa Fórmula 1.

ISBN: 978-84-666-3066-5
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa dura

mércores, 25 de xaneiro de 2017

VERNE IMAXINADO


VERNE IMAXINADO
Director: Kiko da Silva
Ilustracións: O Garaxe Hermético

Editorial Deputación de Pontevedra, 2016
Colección: Cornelius

Xénero: Cómic

Verne imaxinado é unha obra elaborada por alumnas e alumnos da Escola profesional de banda deseñada e ilustracións de  O Garaxe Hermético e inspirada no universo de Xulio Verne. A través de sete historietas, é posible coñecer mellor e achegarse a este afamado autor e á súa obra.

ISBN: 978-84-8457-453-8
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa dura

domingo, 18 de decembro de 2016

ASTÉRIX GLADIADOR


ASTÉRIX GLADIADOR 
Autor: René Goscinny                                           
Ilustracións: Albert Uderzo                           
Editorial: Xerais, 2015                                   
                         
Xénero: CÓMIC

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...

Neste número, Astérix e Obélix viaxan a Roma e convértense en valentes gladiadores dispostos a liberar o bardo Asegurancetúrix, que vai ser guindado aos leóns!

ISBN: 978-84-9914-761-1
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura

sábado, 17 de decembro de 2016

ASTÉRIX E OS GODOS


ASTÉRIX E OS GODOS
Autor: René Goscinny
Ilustracións: Albert Uderzo
Editorial: Xerais, 2015                                             

Xénero: CÓMIC

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...

Nesta ocasión, os nosos heroes, Astérix e Obélix, deben liberar o druída Panorámix que foi secuestrado polos godos para conseguir a poción máxica.

IBN:978-84-9914-762-8                                      
Nº de páxinas: 40  

Encadernación: Tapa dura

luns, 7 de novembro de 2016

CHISPAS DA RODA I, II e III

 
 
 

CHISPAS DA RODA I, II, III
Autor: Fernando Quesada
Edicións Castrelos
Colección: O Moucho
Xénero: Literatura Galega - Comic - Humor

Antoloxías de viñetas que recollen chistes gráficos de Quesada en lingua galega publicados previamente na prensa. A súa visión irónica e crítica da vida, que constitúe un percorrido pola actualidade política, social e deportiva de Galicia.

Estas antoloxías publicáronse integradas dentro da numeración da colección O Moucho, dedicada á edición de textos humorísticos e costumistas de pequeno tamaño. 

ISBN: 84-7041-013-X / 84-7041-054-7 / 84-7041-074-1
Encadernación: Tapa branda
 

domingo, 6 de novembro de 2016

CHISPAS DA RODA


CHISPAS DA RODA
Autor: Fernando Quesada
Editorial Galaxia S.A., 1989

Xénero: Literatura Galega - Comic - Humor

Fernando Quesada ten que mandar un chiste a Madrid tódolos días, no tren expreso, que sae de Vigo ás oito e quince, hora da Renfe. Moitas veces o chiste queda rematado ás sete do serán -hora de Quesada, despois da sesta- e daquela non hai ningunha clase de problemas. Quesada chega á estación e na boca aberta -de tanto riso- do buzón expreso coloca o sobre e queda un instantiño ollando para a máquina en marcha -tanto ferro, tanto estrondo, tanto fume- co sorriso comprometido levián e vagantío, dun dimaniteiro.

Hai días -algúns- que os grandes personaxes da política internacional están que nin pintados a tinta china, pero dan as oito e Quesada está aínda en procura dos catro pés do gato, ata que, de súpeto, xorde a chispa e queda o traballo rematado. O expreso xa saíu, botando chispas, e o noso home ten que colle-lo seu "seiscentos" para atopa-lo tren, ás oito e trinta en Redondela.

Outras veces -poucas- o retraso de Quesada, non do tren, é maior e a viaxe en coche do debuxante ten de alongarse ata Porriño. De calquera xeito o traballo queda cumprido tódolos días, e Madrid non se enteira nunca -como sempre- dos traballiños, preocupacións, riscos e venturas que sofren as xentes das provincias para levar ós mercados da Capital mercadorías de todo tipo, incluíndo pasatempos e filosofías, gracias e retrancas.

Intelixente, preocupado, sabedor de moitas cousas -entre elas, vivir- Fernando Quesada forma parte do clan dos Quesada de Ourense, cindo irmáns artistas desde pequeniños, cando quedaron orfos de pai e cabían todos baixo dun queipo. A nai estaba triste, a casa estaba triste, había unha grande dificultade para vivir, os irmáns Quesada enchían as paredes do fogar de debuxos e pinturas, para disimular, como se quixesen fura-las pedras das paredes e abrir fiestras ó vento para ollar mellores días, felices tempos, que tardaban tanto. Polo Nadal os cativos artistas intercambiábanse oito, quince ou vinte tarxetas de Pascua e adicaban á nai a máis floreada e boniteira, como se presentasen, unha tras outra, as cartas credenciais dun lonxano país de sinxeleza e de frescura.

Agora, cada un está no seu, sempre dentro da arte, e Fernando está na gracia, no humorismo, na dificultade do chiste, arte sutil, tan inaprensible e difícil, que nin sequera ten un nome, un rótulo axeitado á súa profundidade verdadeira. ¿Como se chama o que escribe e pinta chistes? ¡humorista, caricaturista? ¿Poeta, filósofo, psicólogo? Non ten maior importancia. O importante é que Fernando Quesada acaba de saír polas rúas e corredoiras da terrar coa súa roda de chistes, e que escolleu para esta primeira saída un tempo que vai sendo de nadal, como cando era neno e non tiña máis xoguetes que aqueles que nacían do seu maxín de neno pensativo, das súas mans orfas do agarimo do pai. Pregunto eu, se daquelas tristuras, puido vir un tempo de rir, e respondo que puido, si señor, non faltaría máis.
Emilio Álvarez Blázquez

ISBN: 84-7154-676-0
Encadernación: Tapa branda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger