CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
sábado, 5 de marzo de 2022
CORES NO MAR
venres, 4 de marzo de 2022
"UNHA NENA MOI MOI VALENTE" - UN CONTACONTOS POLA IGUALDADE DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
E seguimos conmemorando o Día Internacional da Muller coas actividades de animación á lectura e sensibilización e dinamizacióin da lingua galega programadas por BiblioPazos.
"Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas".
"8(M)ULIER" UN CONTACONTOS POLA IGUALDADE DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo.
"Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional?Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas?E se fose necesario reverter o feitizo?8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas.Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén"
INDEPENDENCIA
Autor: Javier Cercas
xoves, 3 de marzo de 2022
ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e en próximas datas conmemoraremos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo.
BIBLIOPAZOS adhírese a esta conmemoración coa programación dos seguintes eventos:
O luns 7 de marzo de 10:00 a 11:00 horas no Auditorio do Concello teremos en Pazos de Borbén a Lucía L. Golán de Trémola Teatro co contacontos pola igualdade "8(M)ULIER" dirixido aos escolares de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional?
Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas?
E se fose necesario reverter o feitizo?
8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas.
Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén"
O mesmo o luns 7 de marzo pero de 13:00 a 14:00 horas e no mesmo lugar (Auditorio do Concello) teremos outro contancontos pola igualdade denominado "UNHA NENA MOI MOI VALENTE" que levará a cabo Paula Regueiro García de Trémola Teatro e que irá dirixido aos escolares de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
"Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas".
Mais adiante o día 24 de marzo de 13:00 a 14:00 horas tamén no Auditorio do Concello chegará a Pazos de Borbén O MAGO PACO que nos presentará "UNHA MAXIA DIFERENTE", o seu espectáculo máis reivindicativo no que participará o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos
A través de distintas historias e xogos de maxia O Mago Paco traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados.
Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.
Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que:
"Ser diferente é o máis divertido e xenuino que temos os seres humanos"·
E con esta actividade rematamos as do mes de marzo mentres seguimos preparando as dos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
O DÍA DOS VIVOS
mércores, 2 de marzo de 2022
8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022
Ensaios de frijoles tolerantes á seca en Malawi, que en 2016 sufría a súa peor seca en tres décadas. Foto: CIAT/Neil Palmer. |
Este tema do Día Internacional da Muller está en consonancia co tema prioritario do Sesaxésimo sexto período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ( CSW66): “Lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e as nenas no contexto dos programas e as políticas do cambio climático e a redución dos riscos de desastre e ambientais”.
Imaxe Fonte Burcu Köleli para ONU Mujeres (2022) |