CANTOS DE LEMBRANZA
Poemas de XOSÉ NEIRA VILAS
Poemas de XOSÉ NEIRA VILAS
Música: Manoele de Felisa
Textos: Xosé Neira Vilas e Manoele de Felisa
Edita Sons de Galicia (Técnicas & Gramaxe S.L.)
Ano de edición: 2014
Xénero: Libro-Disco / Poesía Galega
“Cantos
de Lembranza” é o título deste libro-disco concibido como unha homenaxe
á infancia do que é unha das figuras máis relevantes da literatura
galega de todos os tempos.
Neira
Vilas fai un repaso a través da poesía, polos seus recordos máis
profundos; a súa nai, os seus avós, os veciños… Un repaso que debuxa
todas as imaxes que o escritor ten gardadas na súa memoria; a escola, o
camposanto, o río… En definitiva un camiñar polo seu Gres natal e as
súas primeiras lembranzas.
O encargado de cantalas é Manoele de Felisa,
cantautor de longa traxectoria, decidiu poñerlle música a estes poemas e
convertelos en cancións, dando como resultado un CD de catorce pezas
musicais preparadas coa colaboración do propio Neira Vilas.
Non é a primeira vez que o músico
de Cuntis lle pon son a unha obra poética, dende que comezara no ano 99
musicalizando as cantigas de Martín Códax, foron varios os escritores
que pasaron pola súa guitarra, un xeito de achegar estas obras ó público
dun xeito diferente, dándolles outra dimensión.
No disco,
producido por Sons de Galicia e Limón Produccións,
participaron figuras tan destacadas da cultura galega como Luís Emilio
Batallán, Uxía Blanco, Uxía Senlle, Jose Acha, Clara Pino, Jacobo
González, Eduardo Méndez (Dubi), Carlos Calviño, Carlos Dadín (Chavo),
Pablo Vidal, Silvia María, Willy Mondeja, Abranham Leiro, Javier Rabanal
ou Sapoconcho.
Na publicación de "Cantos de Lembranza" tamén
poarticipou o profesor e escritor Víctor Freixanes, prologuista do
libro así coma os ilustradores Sabela Arias, Xosé Vizoso, Chema Pazos,
Ma. Fe. Quesada ou Xaquín Marín.
O proxecto contou coa
colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección
Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Ademais, tamén
colaboran o Concello de Vila de Cruces, o Concello de Boqueixón e a
Fundación Xosé Neira Vilas.
Páxinas:32
Encadernación: Tapa dura