NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de decembro de 2025

A GRAMOLA GOMINOLA visita Pazos de Borbén co seu espectáculo "ESPECIAL NADAL" - Programa "NADAL EN REDE" da Rede de Dinamización Lingüística

Rematamos a programación de actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos neste ano 2025 cunha nova actividade en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística enmarcada no programa "NADAL EN REDE" da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

Esta nova actividade é "ESPECIAL NADAL" que nos traerá a banda "A GRAMOLA GOMINOLA" a Pazos de Borbén o próximo Sábado 27 de Decembro a partir das 19:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, con entrada de balde ata completar o aforo.

"ESPECIAL NADAL" é un espectáculo do Nadal de "A GRAMOLA GOMINOLA" o grupo de música infantil máis famoso do momento que chega a Nadal en rede cargado de panxoliñas a ritmo de rock e ofrece un espectáculo onde soarán cancións do seu cuarto disco, "O Nadal coa avoa Fina": "Apalpador", "O rap metal do Nadal", "A Noiteboa sempre é boa coa miña avoa"..., temas para recuperar valores e tradicións e, sobre todo para bailar e para cantar en galego a todo pulmón.

Un Nadal para compartir coas persoas que queremos, para sentir, vivir, reciclar, plantar un piñeiro e, sobre de todo, un Nadal para cantar e bailar ben forte a ritmo de rock&roll, poñendo a todo o público en pe e cornos na man.

A GRAMOLA GOMINOLA é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!

Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen catro libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

Informamos que na Biblioteca temos todos os Libros-Cd publicados por "A Gramola Gominola" a disposición de quen solicite o seu préstamo para lelos e escoitar as cancións na súa casa ou onde queiran. Os títulos son "A Gramola Gominola", "Cancións para desafinar", "Bravas, o rexurdir da luz!" e "O Nadal coa avoa Fina".

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR O AFORO DO LOCAL

ESPERÁMOSVOS!!! NON FALTEDES!!!

Para calquera información sobre esta programación poden contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 1 de decembro de 2025

Nadal con Contos en BiblioPazos

Festexa o Nadal coa nosa selección de contos e panxoliñas:



Fai Clic nas imaxes


           

           

   


Achégate a BiblioPazos para descubrir moitos máis.


















 




martes, 13 de decembro de 2022

"O APALPADOR" visita Pazos de Borbén para conmemorar a chegada do NADAL

 E como non podía ser doutra forma, unha vez rematado o espectáculo de Maxia seguiremos conmemorando a chegada do NADAL a Pazos de Borbén coa visita de O APALPADOR, a tradicional figura do Nadal na Galiza, que ademáis de Pazos de Borbén visitará este ano 45 concellos máis da man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’ do departamento de Lingua dirixido pola deputada María Ortega que concedeu a actuación a todos os municipios que o solicitamos.

A visita en Pazos de Borbén terá lugar o Martes día 20 de decembro a partir das 13:00 horas na Praza do Concello e espérase a participación de todos aqueles veciños e veciñas que se queiran achegar e dos escolares do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI; que están especialmente convidados a asistir á mesma.

Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores  que fomentará O APALPADOR, xunto ao seu compañeiro acordeonista, SERVANDO BARREIRO, e o seu burro RÍO LOR, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.

O programa ‘Nadal en Galego’ da Deputación Provincial foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura. 

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

martes, 29 de novembro de 2022

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA O MES DE DECEMBRO DE 2022

Finalizadas as actividades do mes de novembro coas que conmemoramos o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS; temos programados para o próximo mes de Decembro as seguintes accións:


O Xoves 1 de decembro ás 12:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos reunirase o Xurado do IV CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN para decidir os premiados desta nova edición do certame literario organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra co obxectivo de seguir animando á creación literaria, á escrita e á lectura en lingua galega; fomentar a creatividade e potenciar a expresión e a comprensión escritas estimulando o uso da lingua galega entre os escolares e os mais mozos, particularmente no ámbito da narrativa/relato breve, facilitándolles unha motivación para facelo como é a de participar nun certame literario.

As Bases desta IV Edición do CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN foran publicadas a través do Blog e Redes Sociais da Biblioteca a partir do 22 de setembro pasado e repartíronse dípticos informativos coas mesmas nos centros educativos do municipio.

Como nas anteriores edicións, nesta edición puido participar todo o alumnado residente no Concello de Pazos de Borbén que estivera cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2021/2022 ou 2022/2023; e que presentaran os orixinais escritos en lingua galega.

O prazo para presentar os relatos foi desde o 3 de outubro ao 15 de novembro; e neste período presentáronse un total de 58 relatos nas cinco categorías establecidas nas bases:

- A: 1º e 2º de primaria       1 relato
- B: 3º e 4º de primaria     28 relatos
- C: 5º e 6º de primaria     18 relatos
- D: 1º e 2º de ESO            8 relatos
- E: 3º e 4º de ESO            3 relatos
Agora soamente queda esperar ao acto de entrega dos premios no que se darán a coñecer os galardoados deste ano que terá lugar o Venres 16 de Decembro a partir das 11:30 horas no Auditorio do Concello e ao que asistirán o Alcalde, varios membros do equipo de goberno, e o xurado do certame, ademais de todos os escolares que se presentaron ao mesmo acompañados dos seus mestres.


Continuaremos coas actividades o Venres 2 de decembro ás 13:00 horas coa Compañía Internacional de Títeres “TANXARINA” formada por Eduardo Cunha “Tatán” , Miguel Borines e Andrés Giráldez que nos traerá o seu espectáculo “AS BOMBAS E O XENERAL”; un espectáculo onde recrean con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O Xeneral verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dun combate militar.

Esta actividade forma parte do programa “Tornar ás táboas” da Deputación Provincial, un programa que naceu no ano 2021 como unha declaración de vontade e ánimo para que o teatro retomara a súa actividade nos escenarios de auditorios, teatros e centros culturais da provincia; unha chamada á volta ao lugar de orixe e ao traballo, aos espazos de lecer e emoción, un cambio de dirección e mentalidade tras esta longa temporada de incerteza, dentro desa guía de aviventar a cultura que encabeza todas as propostas este ano, cunha firme intención no seu propio significado de coidado e protección de todo o que vaia acontecer no seu interior.

Este ano 2022 o programa creceu e ampliou o seu orzamento, aumentando funcións e consolidando a súa aposta por apoiar as nosas compañías, garantindo o acceso á programación cultural en cada recuncho da provincia coa pretensión de que o noso territorio goce do teatro e reactive os seus auditorios e salas, que despois do baleiro provocado pola pandemia están a vivir un retorno dos sorrisos, das emocións e do goce coa cultura.

Esta segunda edición de “Tornar ás táboas” levará 47 espectáculos á escena este outono entre o 23 de setembro e o 18 de decembro; entre eles este que presentamos este Venres 2 de decembro en Pazos de Borbén.

Ademais queremos aproveitar a ocasión da realización desta actividade para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL que se celebra en todo o mundo o 3 de decembro de cada ano co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida nun día que mobiliza apoio para cuestións críticas relacionadas coa inclusión de persoas con diversidade funcional, promove a reflexión sobre cuestións de diversidade funcional e chama a atención sobre os beneficios dunha sociedade inclusiva e accesible para todos.

Nese día aléntase ás axencias da ONU, ás organizacións da sociedade civil, ás institucións académicas e ao sector privado, a colaborar con organizacións que dan soporte a persoas con diversidade funcional na organización de eventos e actividades.


Remataremos as actividades do mes de decembro e deste ano 2022 o día 20 de decembro conmemorando a chegada do NADAL a Pazos de Borbén con O MAGO PACO que nos fará pasar unha estupenda mañá coa función “A MAXIA DO NADAL”; un espectáculo pensado para estas datas, para que grandes e pequenos pasen un rato agradable cos mellores trucos de maxia nunha función que se caracteriza por unha mestura de varias artes escénicas coa maxia, suma que lle achega dinamismo e fantasía encima do escenario. Ademais primará tamén a fantasía e as gargalladas, e sobre todo a participación do público, transformando a función en algo irrepetible cheo de momentos únicos; e haberá moitas, moitas sorpresas.

O Martes día 20 de Decembro a partir das 10:00 horas da mañá no Auditorio do Concello están convidados a asistir a este espectáculo máxico todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da ASOCIACIÓN ASPAVI.


E como non podía ser doutra forma, unha vez rematado o espectáculo de Maxia seguiremos conmemorando a chegada do NADAL a Pazos de Borbén coa visita de O APALPADOR, a tradicional figura do Nadal na Galiza, que ademáis de Pazos de Borbén visitará este ano 45 concellos máis da man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’ do departamento de Lingua dirixido pola deputada María Ortega que concedeu a actuación a todos os municipios que o solicitamos.

A visita en Pazos de Borbén terá lugar o Martes día 20 de decembro a partir das 13:00 horas na Praza do Concello e espérase a participación de todos aqueles veciños e veciñas que se queiran achegar e dos escolares do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI; que están especialmente convidados a asistir á mesma.

Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará O APALPADOR, xunto ao seu compañeiro acordeonista, SERVANDO BARREIRO, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.

O programa ‘Nadal en Galego’ da Deputación Provincial foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 5 de abril de 2021

MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA

MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA
Autor: Bárbara Cantini
Tradución: Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González
Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Quén é o misterioso neno pantasma que dende hai días intenta entrar en Villa Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada… ¡nin tan sequera o seu nombe! Ademáis, vai esvaecendo e, se continúa así, rematará por desaparecer completamente. E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Ainovo Defuntiño. Xunto a Tristeiro, o seu inseparable can, Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde vén o novo e pálido amigo: unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.

O regreso da nena zombi máis divertida do mundo, cunha sorpresa: a portada ilumínase na escuridade.

ISBN: 978-84-122537-0-2
Nº de páxinas: 56
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

martes, 15 de decembro de 2020

CONTACONTOS DE NADAL - Actividades Decembro 2020

 
Comezamos o xoves 17 de decembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello contaremos coa presencia de Patricia Martínez de Eduvia Xestión Cultura e Lecer SL que nos traerá o seu espectáculo "CONTACONTOS DE NADAL" dirixido aos escolares de 3º e 4º de Primaria.

Este espectáculo busca a comunicación co público co fin de acadar o obxectivo educativo perseguido sempre dentro dun entorno de xogo e diversión no que os rapaces e rapazas gozarán dunha sesión chea de amenos contos adaptados ás súas idades que lles irá relatando a contadora co obxectivo de fomentar o hábito lector á vez que se contaxia o espírito do Nadal.

Para este evento non podemos convidar ao público en xeral a participar del debido aos protocolos da pandemia do COVID-19.

Pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

luns, 14 de decembro de 2020

O NADAL DE ERNESTO E CELESTINA


O NADAL DE ERNESTO E CELESTINA
Autor: Gabrielle Vincent
Tradución: Tamara Andrés
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Ernesto prometeulle a Celestina que ían celebrar o Nadal cunha gran festa, e parece que terá que cumprir a súa promesa.

Pronto arranxarán os preparativos. Sairá todo ben?

ISBN: 978-84-8464-418-7
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 22,5 cm


sábado, 16 de decembro de 2017

A ORDE DOS GARDIÁNS. As aventuras do Apalpador 5


A ORDE DOS GARDIÁNS
As aventuras do Apalpador 5
Autor: Fernando M. Cimadevila
Ilustracións: José Ángel Ares
 
Urco Editora, 2016
Colección "Contos estraños para nenas e nenos friquis"
 
 Xénero : Literatura Infantil  en Galego - Contos

Idade recomendada: +9 anos
 
Nas últimas noites Noa está a ter uns soños moi misteriosos. Todo semella virar arredor do abrigo máxico que lle agasallou a sua avoa. Chegou o momento de descubrir o que significa ser Gardiá do Inverno e, xunto os seus amigos, o Apalpador e mais o elfo Din-Don, afrontar a proba definitiva na torre encantada dos Gardiáns.
 
Ven connosco nesta quinta aventura do Apalpador e os seus amigos! 

ISBN: 978-84-16121-62-5
Nº de paxínas: 66
Encadernación: Tapa blanda
 
 
 
 

xoves, 14 de decembro de 2017

O APALPADOR



O APALPADOR
Autor: Carlos Labraña
Ilustracións: Carla Cabaleiro
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore 

Xénero: Literatura Infantil Galega - Teatro

Idade Recomendada: A partir de 9 anos 

O Apalpador baixa da montaña cunha presada de castañas para ti.

Nesta divertida obra de Carlos Labraña, aparece tamén cargado de risas, sorpresas e moito disparate. 

Unha viaxe teatral arredor dunha figura cada vez máis importante do noso Nadal.

ISBN:978-84-9151-022-2
Nº de páxinas:68
Encadernación:Tapa Branda
Formato:13 x 20 cm

 

mércores, 13 de decembro de 2017

XA ME TARDAN ESTES MAGOS


XA ME TARDAN ESTES MAGOS
Mamá Cabra
Textos: Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez, Gloria M. Roel
Ilustracións: Kristina Sabaite
Editorial Galaxia S.A.
Colección Sonárbore

Xénero: Música - Poesía - Libro-CD

Idade recomendada: +3 anos 

Neste libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso Ola, ola, la!, por Kristina Sabaite, participan importantes poetas galegos, neste caso Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a compoñer letras.

Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos.

Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.

Que veñan pronto os Magos
que veña Papá Noel
que veñan cheos de agasallos
para min, para ela e para el

Como xa están chegando
póñome a cantar
a música xa está soando
cantas ganas de bailar! 

ISBN: 978-84-9865-390-8
Nº de páxinas: 28
Deseño: Capa dura
Dimensións: 24 x 21 cm.

venres, 6 de xaneiro de 2017

FELIZ DÍA DE REIS!

FELIZ DÍA DE REIS!


Tras unha longa viaxe de varios meses, os 
Reis Meigos xa chegaron.

Sei que vos trouxeron algún agasallo.

Se non foi ouro, incenso e mirra
esperamos que fose

Felicidade
Prosperidade
e Paz. 




BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger