venres, 19 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (7) CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º e 4º DE ESO

E chegamos ao final das informacions da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

O Alcalde do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña presidiu o acto acompañado dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Participantes da Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO coas autoridades e membros do xurado

E, por fin, toca informar da entrega de premios á CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º e 4º DE ESO coa que rematamos as publicacións da estupendísima Gala de entrega de Premios do "V CERTAME DE RELATO CURTO" do Concello de Pazos de Borbén. Os premiados nesta categoría foron:

Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “O TESOURO DA XACIA” e o pseudónimo de “DIEGO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de DIEGO DOMÍNGUEZ COSTAS, de 15 anos, estudante de de ESO.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Diego Domínguez Costas recibe o premio de Dª Uxía Porritt Lueiro

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “QUE TE DEFINE?” e o pseudónimo de “ANA CONDA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de PAULA RIVAS RODRÍGUEZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Paula Rivas Rodríguez recibe o seu premio de mans do Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña

O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo seguinte:

Traballo presentado baixo o título “VINGANZA NO RÍO” e o pseudónimo de “EREA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ALOIA DOMINGUEZ ÁLVAREZ, de 14 anos, estudante de 3º de ESO.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

A escritora Dª Andrea Barreira Freije entrégalle o premio a Aloia Domínguez Älvarez

Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo; así como uns lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de ESO.

O escritor D. Miguel Anxo Alonso Diz entrégalles os lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de ESO ao mestre D. Manuel González Pastoriza

Esta actividade forma parte do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (6) CATEGORÍA F: ALUMNADO DE 1º e 2º DE ESO

E dalle que dalle coas informacions da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

O Alcalde do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña presidiu o acto acompañado dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Agora informamos da entrega de premios aos participantes da:

CATEGORÍA F.- ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO:

Participantes da Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO coas autoridades e membros do xurado

Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “O PACTO DE BORBÉN” e o pseudónimo de “AGATHA LÓPEZ”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ALEJANDRA ACERO MEILÁN, de 13 anos, estudante de 2º de ESO.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Alejandra Acero Meilán recibe o premio que lle entrega o Sr. Alcalde de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “120 SEGUNDOS” e o pseudónimo de “LCM”. Aberta a plica correspondeu a autoría de LUCAS CASTRO MAESTÚ, de 13 anos, estudante de de ESO.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Lucas Castro Maestú recibe o premio de mans da escritora Dª Andrea Barreira Freije

O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo seguinte:

 Traballo presentado baixo o título “MELLORES AMIGOS” e o pseudónimo de “TORTUGA”. Aberta a plica correspondeu a autoría de ROI MÍGUEZ COMESAÑA, de 12 anos, estudante de 1º de ESO.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

O escritor Miguel Anxo Alonso Diz entrégalle o premio a Roi Míguez Comesaña

Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo; así como uns lotes de libros para as aulas de 1º e 2º de ESO.

Dª Uxía Porritt Lueiro entrégalle os lotes de libros para as aulas 1º e 2º de ESO ao mestre D. Manuel González Pastoriza

NOTA: Seguiremos publicando os datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes do resto das categorías en novas noticias que sairán publicadas nos próximos días.

Esta actividade forma parte do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (5) CATEGORÍA E: ALUMNADO DE 5º e 6º DE PRIMARIA

Voltamos con informacions da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

No acto presidido polo Alcalde do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña tamén estiveron presentes os concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; a Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e os membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Neste ocasión tócalle a quenda á entrega de premios aos participantes da:

CATEGORÍA E.- ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA:

Participantes da Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria cos membros do xurado e autoridades

Nesta categoría o Primeiro premio ao traballo presentado baixo o título “PERUS POR QUEUS?” e o pseudónimo de “MHSILLAÑAMÑAMÑAM”. Aberta a plica correspondeu a autoría de XIAN BOUBETA COMESAÑA, de 10 anos, estudante de 5º de Primaria.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Xián Boubeta Comesaña recibe o premio entregado pola mestra e membro do xurado Dª Uxía Porritt Lueiro

Segundo premio ao traballo presentado baixo o título “A CASA DA ÁRBORE” e o pseudónimo de “DANIGO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de DANIEL GONÇALVES OTERO, de 10 anos, estudante de 5º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Daniel Gonçalves Otero recibe o seu premio entregago polo Alcalde do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña

O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:

 Traballo presentado baixo o título “ATRAPADO” e o pseudónimo de “CHALICOTERIUM”. Aberta a plica correspondeu a autoría de GABRIEL CASTRO GARRIDO, de 11 anos, estudante de 6º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Gabriel Castro Garrido recibe o seu premio de mans do escritor e membro do xurado D. Miguel Anxo Alonso Diz

Traballo presentado baixo o título “NON É O COMEZO SE NON O FINAL” e o pseudónimo de “MATEO”. Aberta a plica correspondeu a autoría de MATEO PAZ ÁLVAREZ, de 11 anos, estudante de 6º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Mateo Paz Álvaarez recibe o premio da escritora e membro do xurado Dª Andrea Barreira Freije

Como nas restantes categorías finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo.

Tamén se entregaron uns lotes de libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria.

A mestra Dª Uxía Porritt Lueiro recibe os lotes de libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria de mans do escritor Miguel Anxo Alonso Diz

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e das restantes categorías serán publicadas en novas noticias que sairán nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (4) CATEGORÍA D: ALUMNADO DE 3º e 4º DE PRIMARIA

Participantes da Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria cos membros do xurado e autoridades

Continuamos informando da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os  presentados ao Certame; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

O acto presidiuno o Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén D. Xosé Luciano Otero Camiña e nel estiveron tamén presentes os concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; a Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e os membros do xurado do Certame Dª Uxía Porrit Lueiro, Dª Andrea Barreira Freije; D. Miguel Anxo Alonso Diz; Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Manuel González Pastoriza e D. José Manuel Soto Virulegio.

Neste ocasión toca informar da entrega de premios aos participantes da:

CATEGORÍA D.- ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA:

Primeiro premio foi para o traballo presentado baixo o título “DE CERO A DEZ” e o pseudónimo de “FELIPE”, presentado por ROI CAGIGAS BLANCO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.

Para ver o traballo fai CLIC no título

A escritora e membro do xurado Dª Andrea Barreira Freije entrégalle o premio a Roi Cagigas Blanco

Segundo premio outorgado ao traballo presentado baixo o título “O ARMARIO ENCANTADO” e o pseudónimo de “FILIPINERO”, presentado por MANUEL AMOEDO FRAGUEIRO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Manuel Amoedo Fragueiro recibe o premio que lle entrega o escritor e membro do xurado Miguel Anxo Alonso Diz

O xurado premiou con Accésits nesta categoría aos traballos seguintes: 

Traballo presentado baixo o título “O DEBUXO SEN COR” e o pseudónimo de “CORAZÓN”, presentado por ROSA VEIGA ARAUJO, de 8 anos, estudante de 3º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

O Alcalde do Concello Xosé Luciano Otero Camiña entrégalle o premio a Rosa Veiga Araújo

Traballo presentado baixo o título “O LOBISHOME DE PAZOS” e o pseudónimo de “BELLINGHAM”, presentado por ASIER DA SILVA JUAN, de 9 anos, estudante de 4º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título

Asier Da Silva Juan recolle o premio entregado polo mestre do CPI "Curros Enríquez" e membro do xurado D. Manuel González Pastoriza

Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo.

Entregouse tamén un lote de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria.

Recollendo os lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria entregados por Dª. Uxía Porritt Lueiro

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e das restantes categorías serán publicadas en novas noticias que sairán nos próximos días.


Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

xoves, 18 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (3) CATEGORÍA C: ALUMNADO DE 1º e 2º DE PRIMARIA

Participantes da Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria cos membros do xurado e autoridades
Xa estamos de volta outra vez coa Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén do pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, na que participaron os  presentados ao mesmo; os mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; os monitores e usuarios da Asociación ASPAVI; e tamén algúns veciños e veciñas.

O acto presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña contou tamén coa presencia dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame.

Houbo varias inervencións por parte dos membros do xurado Dª Uxía Porrit Lueiro e Dª Andrea Barreira Freije; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez e do Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña, e ao finalizar éstas procedeuse á entrega dos premios aos galardoados e galardoadas polo xurado.

Agora imos coa entrega de premios aos participantes da seguinte categoría:

CATEGORÍA C.- ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA:

Primeiro premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “A XOANIÑA QUE PERDEU OS PUNTOS” e o pseudónimo de “O MACACO”, presentado por ANXO FRAGUEIRO OTERO, de 7 anos, estudante de 2º de Primaria.

Para ver o traballo fai CLIC no título 

Anxo Fragueiro Otero recibe o seu premio de mans da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez
O Segundo premio foi para o traballo presentado baixo o título “O PEIXE LANTERNA QUE QUERÍA VER A LUZ DO SOL” e o pseudónimo de “MODRICK”, presentado por LUCAS RIVAS FONTÁN, de 7 anos, estudante de 2º de  Primaria.

Para ver o traballo fai CLIC no título.

Lucas Rivas Fontan recibe o seu premio da Directora da Asociación ASPAVI e membro do xurado Dª Mª Isabel Lorenzo Castro
O xurado considerou premiar con Accésits nesta categoría aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “AS DÚAS BAILARINAS” e o pseudónimo de “ESTRELLA” presentado por ARIADNA RAMÍREZ PÉREZ, de 7 anos, estudante de 2º de Primaria. Adriana non asistiu á Gala polo que o seu premio foi entregado a súa mestra.

Para ver o traballo fai CLIC no título.


Traballo presentado baixo o título “A TARTARUGA QUE TIÑA MEDO” e o pseudónimo de “VIOLETA” presentado por ELENA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, de 7 anos, estudante de 2º de Primaria.

 Para ver o traballo fai CLIC no título.

O Concelleiro D. Iván Martínez Ventín entrega o premio a Elena Rodríguez Martínez

Ao final da lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.

Entregouse tamén un lote para as aula de 1º e 2º de Primaria.

A mestra de 2º de Primaria recibe o lote de libros que lle entrega a membro do Xurado Dª Uxía Porritt Lueiro

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes desta e doutras categorías publicaránse en novas noticias que sairán nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio  o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (2) CATEGORÍA B: ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL - EEI "A GALERIÑA" DE NESPEREIRA

E seguimos informando sobre a entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén que tivo lugar pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e no que participaron os presentados ao certame ademáis de mestres, monitores e algúns veciños e veciñas.

O acto estivo presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña acompañado polo concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame.

Despois de diversas intervencións por parte dos membros do xurado, da Deputada provincial e do Sr. Alcalde procedeuse polo secretario á entrega dos premios outorgados polo xurado aos galardoados e galardoadas.

Na CATEGORÍA B.- ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL non puideron asistir á gala do día 19 de decembro no Auditorio do Concello os rapaces e rapazas da EEI "A Galeriña" de Nespereira, polo que ao día seguinte o Sr. Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña acompañado da Concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira e do Secretario do xurado, achegáronse á escola para entregarlles ao alumnado os premios, diplomas e agasallos correspondentes.

O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña e a Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira na entrega de premios ao alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira.
O xurado premiou con Accésit nesta categoría os traballos do alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira seguintes:

Traballo presentado baixo o título “XOGANDO XUNTOS” e o pseudónimo de “VELOZ”.presentado por ROI PAZOS CAMIÑA, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.

Para ver o traballo fai CLIC no título.

A Concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira entrega o seu premio a Roi Pazos Camiña.

Traballo presentado baixo o título “O AMIGO DO XABARIL” e o pseudónimo de “JABALÍ” presentado por JOSE LUIS BARCIELA DOMINGUEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.

Para ver o traballo fai CLIC no título.

José Luis Barciela Domínguez recibe o seu diploma e o lote de libros da man do Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña
De seguido chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles a cada un deles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.

A mestra Elvira recollendo o lote de libros para a escola.
Entregouse tamén un lote de libros para a escola por presentar ao certame máis de catro participantes. O lote foi recollido pola mestra Elvira.

Por último comentar que o alumnado desexou ao Sr. Alcalde e acompañantes Bo Nadal entregándolles unhas postais para a Alcaldía e a Biblioteca.

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios aos gañadores e participantes desta e doutras categorías publicaránse en novas noticias que sairán nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio  o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 17 de xaneiro de 2024

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN - (2) CATEGORÍA B: ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL


Volvemos de novo para informar da Gala de entrega de premios do V CERTAME DE RELATO CURTO de Pazos de Borbén que tivo lugar pasado martes 19 de decembro de 2023 no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e no que participaron maís de 149 persoas entre escolares e mestres do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, monitores e usuarios da Asociación ASPAVI e algúns veciños e veciñas.

O acto foi presidido polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña que estivo acompañado dos concelleiros Dª Mª Victoria Couñago Corujeira e D. Ivan Martínez Ventín; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez; e dos membros do xurado do Certame Dª Uxía Porritt Lueiro; D. Manuel González Pastoriza, Dª Andrea Barreira Freije, D. Miguel Anxo Alonso Diz, Dª Mª Isabel Lorenzo Castro e D. José Manuel Soto Virulegio.

Despois de diversas intervencións por parte dos membros do xurado Dª Uxía Porrit Lueiro e Dª Andrea Barreira Freije; da Deputada provincial Dª Mª Sandra Bastos Míguez e do Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña, procedeuse polo secretario do xurado á lectura dos premios outorgados polo xurado para a súa entrega aos galardoados e galardoadas.

Unha vez feita a entrega de premios aos presentados na Categoría A.- Persoas con Diversidade Funcional (noticia e imaxes publicadas no Blog e Facebook o 16/01/2024), procedemos a informar da entrega aos participantes da seguinte categoría.

CATEGORÍA B.- ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

Participantes da Categoría B.- Alumnado de Educación Infantil cos membros do xurado e autoridades

Primeiro premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “NENAS E NENOS: DIFERENTES, PERO IGUAIS” e o pseudónimo de “OSITA”, presentado por CINTHIA DOPAZO PÉREZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

 Para ver o traballo fai CLIC no título 

Cinthia Dopazo Pérez recollendo o seu premio que lle entrega o Alcalde do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña
O Segundo premio foi para o traballo presentado baixo o título "RAIAS BONITAS" e o pseudónimo de “LRM”, presentado por LAURA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, de 4 anos, estudante de 5º de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Para ver o traballo fai CLIC no título 

O escritor Miguel A. Alonso Diz entregando o premio a Laura Rodríguez Martínez.

Nesta categoría o xurado considerou premiar con Accésits aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “XOGANDO XUNTOS” e o pseudónimo de “VELOZ”, presentado por ROI PAZOS CAMIÑA, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Traballo presentado baixo o título “COMPARTINDO EN IGUALDADE” e o pseudónimo de “CHASE”. Aberta a plica correspondeu a autoría de MARTÍN SEIJAS MARTÍNEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Martín Seijas Martínez recolle o seu premio que lle entrega o mestre do CPI "Curros Enríquez" Manuel González Pastoriza

Traballo presentado baixo o título “O AMIGO DO XABARIL” e o pseudónimo de “JABALÍ”, presentado por JOSE LUIS BARCIELA DOMINGUEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

Para ver o traballo fai CLIC no título

Traballo presentado baixo o título “O SANTO APARECIDO” e o pseudónimo de “UNICORNIA”, presentado por AINARA RAMÍREZ PÉREZ, de 5 anos, estudante de 6º de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Para ver o traballo fai CLIC no título

O concelleiro Iván Martínez Ventín entrega o premio a Ainara Ramírez Pérez
De seguido chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría para entregarlles a cada un deles o Diploma acreditativo da súa participación neste certame e un libro de agasallo.

Entregouse tamén uns lotes de libros aos mestres para as aulas de infantil.


Os mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos recollendo os lotes de libros entregados por Uxía Porrit Lueiro e Miguel Anxo Alonso Diz
Non puideron asistir á entrega de premios o alumnado da EEI de Nespereira aos que se lles entregou os seus diplomas, premios e agasallos nas súas aulas ao día seguinte deste acto e que publicaremos en vindeiras noticias.

NOTA: O resto de datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes desta e doutras categorías publicaránse en novas noticias que sairán nos próximos días.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2023 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que conta coa axuda e patrocinio  o Departamento de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger