A Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello de Pazos de Borbén, organiza un CURSO DE AUTOMAQUILLAXE que se realizará na Casa do Pensionista de Amoedo.O curso terá unha duración de 30 horas os sábados de 17:00 a 20:00 horas.
O custe do mesmo será de 15 € por persoa.
Se estás interesado/a no mesmo podes inscribirte na Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) sita no edificio do Concello en Pazos nº 52, en horario de oficina de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ata o 30 de setembro.
Para máis información podes acudir persoalmente á OMIX ou chamar aos teléfonos 986 498 934 ou 986 597 035 e preguntar por Isabel.

















