sábado, 20 de maio de 2017

LOLO ANDA EN BICICLETA

 
LOLO ANDA EN BICICLETA
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Manuel Uhía
Editorial Galaxia S.A.
Colección : Os Duros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Lolo quere andar en bici, pero na casa non lle deixan. Por iso aprende a facelo ás escondidas, entre caixóns, sobre valados...

Lolo acaba sendo un fenómeno sobre dúas rodas.

ISBN : 978-84-8288-724-1
Páxinas : 28
Deseño : Cartoné
Dimensións : 16 x 20 cm

DRAGAL II - A METAMORFOSE DO DRAGÓN

DRAGAL II
A METAMORFOSE DO DRAGÓN
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Novela fantástica

Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos.

Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira vez na súa milenaria existencia, a limitación dos seus poderes. Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e acadar a simbiose da súa alma. Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais do contrario...

Na procura dun milagre que lles axude a salvar o seu amigo, Mónica e don Xurxo deberán desvelar as claves agochadas na milenaria igrexa de San Pedro. Daquela descubrirán que, para cumprir os designios da profecía, os cabaleiros da Orde de Dragal xa iniciaron o seu regreso.

ISBN: 978-84-9914-221-0
Formato: 13,5 x 21,5 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 360

venres, 19 de maio de 2017

UN PAÍS DE PALABRAS

UN PAÍS DE PALABRAS
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección : Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

A literatura e os escritores, os amigos, Deus, Santiago de Compostela, Galicia... Quince pequenos ensaios nos que Casares trata algúns dos seus temas predilectos.

Un país de palabras reúne escritos de Carlos Casares que se poden considerar ensaios narrativos e nos que o lector ha atopar a gran capacidade para contar historias e engaiolar con elas do autor de Ilustrísima.

Un libro de escritor para os lectores que desexen gozar dun país sen fronteiras, un país aberto e grande, feito coas palabras da vida.

ISBN : 978-84-8288-946-7
Páxinas : 208
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm


DRAGAL I - A HERDANZA DO DRAGÓN

DRAGAL I
A HERDANZA DO DRAGÓN
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Novela fantástica

Finalista Premio Fundación Caixa Galicia, 2009
Premio Frei Martín Sarmiento 8ª Edición (Categoría 1º e 2º Eso), 2012

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?

Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura.

Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego.

ISBN: 978-84-9914-134-3
Formato:13 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 264


xoves, 18 de maio de 2017

O GALO DE ANTIOQUÍA

O GALO DE ANTIOQUÍA
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial Galaxia, S.A.
Colección: Edicións especiais en capa dura

Xénero: Literatura Galega - Narrativa - Relatos

Humor que raia o absurdo nesta fantástica e divertida historia dun home que se converte en galo.

Un bo día, o ferreiro Antonio Madarro "O Calatrón" pon un ovo. Ao pouco tempo comezan a saírlle plumas e, preocupado, vai ver ao cura. ¿E será que lle entrou o demo no corpo? 

Un libro con estupendas ilustracións de Andrés Meixide.

ISBN : 978-84-8288-599-5
Páxinas : 40
Deseño : Capa dura
Dimensións : 17 x 24 cm


PODEROSA 3

PODEROSA 3
Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man
Traductora: Mercedes Pacheco Vázquez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Infantil e Xuvenil - Fora de Xogo 

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa 

Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda.

Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario, ensinarlle a súa avoa a linguaxe informática e sobrevivir ás perrenchas do seu irmán pequeno.

Fronte a tantos desafíos, Joana Dalva corre o risco de perder o seu valioso poder, aínda que nin así vai perder unha miga do seu encanto.

Poderosa 3 constitúe a terceira entrega a serie Poderosa, iniciada no ano 2008 con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo.

Un diario, como os dous anteriores, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man.

Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras. 

ISBN: 978-84-9914-195-4
Formato: 13,5 x 21,5 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 232

mércores, 17 de maio de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS
Autor: Carlos Casares
Ilustracións: Luís Seoane
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección : Árbore a partir de 8 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Teatro

Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega.

Unha excepcional incursión de Casares no teatro para público infantil.

Unha historia para ler e para representar.

Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.

En 1973, Carlos Casares recibiu o premio do “Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”.

O Centro Dramático Galego volveu poñer en escea esta divertida e engaiolante peza teatral para gozo de pequenos e maiores no ano 2004 e 2014.

Temos a disposición dos usuarios na Biblioteca a Guía Didáctica, CD e DVD editados polo Centro Dramático Galego no ano 2004.


ISBN : 978-84-9865-160-7
Deseño : Rústica
Dimensións : 130 x 200
Nº de páxinas: 84
 

O SOL DO VERÁN

O SOL DO VERÁN
Autor: Carlos Casares 
Editorial Galaxia S.A., 2016
Colección: Literaria - Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Derradeira obra de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), O sol do verán chega á percepción do lector coa forza e a madurez da grande arte de narrar.

Unha historia de amor e morte, un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente.

Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas.

Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir".

ISBN : 978-84-8288-668-8
Páxinas : 248
Deseño : Rústica con lapelas
Dimensións : 13,5 x 21 cm

martes, 16 de maio de 2017

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN
Autor: Carlos Casares
Ilustración: Pedro de Llano
Editorial Galaxia S.A., 2005
Colección: Árbore - Os Duros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos + 6 anos

Rin é un can moi especial.

Moitas son as marabillas é quen de facer: conta historias coma ninguén, sabe falar en latín, toca o clarinete...

Pero a mellor de todas é a que fala de cando conseguiu que o temible lobo Crispín lambese unha ovella.

ISBN : 978-84-8288-861-7
Páxinas : 36
Deseño : Tapa dura
Dimensións : 16 x 20 cm


PODEROSA 2

PODEROSA 2
Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man
Traductora: Mercedes Pacheco Vázquez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial.

Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario.

Neste segundo título da serie, Sérgio Klein adéntrase no complexo mundo da adolescencia e nos embarca na aventura de descubrilo.

Poderosa 2 constitúe a segunda entrega a serie Poderosa, iniciada o pasado ano con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo.

Un diario, como o primeiro, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man.

Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

ISBN: 978-84-9914-050-6
Formato: 13 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 192

luns, 15 de maio de 2017

ILUSTRÍSIMA

ILUSTRÍSIMA
Autor: Carlos Casares
Editorial Galaxia S.A., 2013
Colección: Literaria
Biblioteca Carlos Casares

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Unha das obras máis populares e apreciadas de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é Ilustrísima.

A novela recrea con mestría o mundo supostamente ordenado e inmutable dunha pequena cidade galega a comezos do século XX. A chegada do cinematógrafo vai desatar un conflito no que se ven implicados o clero diocesano e o seu bispo.

Narrada con precisión e eficacia, velaquí unha reflexión literaria sobre a intolerancia e o dogmatismo.

ISBN: 978-84-8288-733-5
Nº de páxinas: 120
Encadernación: Tapa branda

PODEROSA

PODEROSA
Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man 
Traductora: Mercedes Pacheco Vázquez
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo
4ª Edición, novembro 2014

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora.

Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente?

Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.

Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

ISBN: 978-84-9782-823-9
Formato:13 x 21 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 256


domingo, 14 de maio de 2017

GONZALO TORRENTE BALLESTER: O escritor, o amigo


GONZALO TORRENTE BALLESTER
O escritor, o amigo
Autor: Carlos Casares

Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura

Xénero: Biografías

O texto central é a transcrición dunha conferencia que Casares pronunciou en decembro do ano 2000 en París, no Colexio de España, e, polo tanto, non resulta estritamente un texto biográfico. Trátase máis ben dunha aproximación persoal á figura do escritor ferrolán, con quen Casares compartiu durante case vinte anos faladoiro de verán tanto na súa casa de Vilariño como na de Torrente, situada a poucos quilómetros, ou nunha cafetería en Baiona. O relatorio busca a relación entre as creacións de Torrente e a realidade, narra anécdotas en común e tamén retrata as contradicións dun autor que viviu a Guerra Civil e que tivo que pasar da militancia galeguista ao bando dos intelectuais falanxistas; e o realismo dun autor cando acepta que os seus mellores libros xa foron publicados.

Gonzalo Torrente Ballester: o escritor, o amigo complétase cun capítulo do libro Un país de palabras, ‘O amigo que inventou unha cidade’, no que Casares analiza o proceso creativo do seu amigo e a sempre confusa relación que na súa obra teñen realidade e ficción. Complétase o volume cun álbum de imaxes familiares dos dous creadores.

D.L: VG 431-2002
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa dura




BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger