sábado, 24 de xuño de 2017

TEAZA DE BRÉTEMA


TEAZA DE BRÉTEMA
Autor: Isidro Novo
Ediciones SM, 1994

Colección: O barco de vapor

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

En Axiña, unha vila disque moderna, teñen tanta présa que lles cómpre o tempo. Un día o sol non se move e non lles funcionan os reloxos. Remontando o río, tras un pano de brétema, está Vagariño. Os seus habitantes teñen todo o tempo do mundo porque non se apuran. O que separa as dúas vilas veciñas e o único que as podería unir: a capacidade de soñar.

ISBN:84-348-4278-5
Nº de páxinas: 108
Encadernación: Tapa blanda




venres, 23 de xuño de 2017

PEDRO ALECRIM


PEDRO ALECRIM
Autor: Antonio Mota
Ilustracións: Manolo Uhía

Editorial Galaxia, S.A. 1991
Colección: ÁRBORE 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

 
Pedro Alecrim é un rapaz da aldea que empeza un novo curso escolar que acabará sendo decisivo para a súa vida. El mesmo nos conta o que sucede. Primeiro fálanos das falcatruadas que fan el e mais os seus compañeiros nas clases. Explícanos como copian, por exemplo, pero tamén os plans que teñen para facérense ricos.


Un día, sen embargo, o pai de Pedro enferma e o cativo ten que preocuparse doutras cousas. Os estudios non lle van mal, pero pensa que non lle servirán de moito o día de mañá. Ó mesmo tempo, algúns dos seus amigos deben enfrentarse tamén a outros problemas, aínda que ningún tan grave como o que afecta a Pedro, que perde ó seu pai, deixa os estudios e acaba facendo de aprendiz dun ferreiro.

ISBN: 84-7154-802-X
Nº de páxinas: 101
Encadernación: Tapa blanda



xoves, 22 de xuño de 2017

O CALASAS, O CURUXAS E A PANTASMA


O CALASAS, O CURUXAS E A PANTASMA
Autor: Stephen Ryan Oliver
Ilustracións: Ramón Trigo
Traducción: Adolfo Carbón
Ir Indo Edicións, S.A. 1999
Colección: Contacontos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

A familia Hornsbee vai ter novas dun curmán seu dende a pequena vila mariñeira de Moody. O vello Aloysius entrará nas súas vidas dun xeito repentino, envolto nunha brétema de misterio, aventura e intriga. Dous intrépidos detectives e buscadores de pantasmas, o Calasas e o Curuxas, darán renda solta á súa fantasía e audacia para ir na procura da súa pantasma que vive na vella casa de Moody. Os acantilados bañados polo Atlántico, os lóstregos, as treboadas, o naufraxio do Red Rigger, p vello faro abandonado, o pasadizo secreto, a lenda do indio Squando... Todo formará parte desta emocionante aventura onde a suave melodía dun violín fará que nos mergullemos no enigma da pantasma de Dalton Hornsbee.

ISBN: 84-7680-282-X
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa blanda




mércores, 21 de xuño de 2017

O MAQUINISTA ANTÓN


O MAQUNISTA ANTÓN
Autor: An Alfaya
Ilustracións: Manuel Uhía

Editorial Bruño, 1993
Colección: Altamar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade recomendada: +12 anos 

¡ Non e non! - di Antón.
¿Por que ninguén fai mudar de
 idea ó teimudo maquinista?
¡¡ Unha pista!!
Na estación hai un gran follón.
¿Sairá o tren?
¡Que ben!
É posible que o Pescador
de Soños, o Home dos Globos
ou a Adiviña tenten salva-la
situación, mais,
¿quen lle resolve o papelón ó
 Xefe da estación?

Ademais de trabalinguas, poemas e cancións, no interior acharedé-la solución.

ISBN: 84-216-2073-8
Nº de páxinas: 91
Encadernación: Tapa blanda







martes, 20 de xuño de 2017

SALTARICANDO DE AQUÍ PARA ALÍ


SALTARICANDO DE AQUÍ PARA ALÍ
Autor: Mercè Company
Ilustracións: Francesc Rovira
Ediciones SM, 1994
Colección: O barco de vapor

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

¿Nunca te preguntaches que che gustaría ser de maior? Ana fíxose esta pregunta aos oito anos e decidiu ser monxa, bombeira, conductora de tranvías, actriz... Pero tivo que abandonar os seus proxectos e, ao que cumprir doce anos, descubriu que a súa vocación era dedicarse ao que sempre fixera...

ISBN: 84-348-4445-1
Nº de páxinas: 91
Encadernación: Tapa blanda




luns, 19 de xuño de 2017

VIAXE A ILLA REDONDA


VIAXE A ILLA REDONDA
Autor: Helena Villar Janeiro
Ilustracións: Fernándo Sampil
Editorial Galaxia, S.A. 1992
Colección: ÁRBORE

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Viaxe a illa redonda, é unha das narracións máis coñecidas de Helena Villar Janeiro, valeulle o prestixioso premio Barco de Vapor.

A novela comeza un 21 de xuño, o día en que remata o curso e se abre para Dores, a protagonista, un tempo cheo de ilusións das vacacións de verán.

A victoria nuna divertida e orixinal competición deportiva -unha carreira de caracois- vaille dar a oportunidade de emprender unha viaxe a Illa Redonda, un lugar fermoso e máxico onde as fantasías poden coverterse en sorpresivas realidades.

Dores chegará a Illa Redonda acompañada pola súa avoa, unha simpática e imaxinativa muller que, coa entrada do verán, cambia as súas dedicacións habituais pola de contadora de contos.

ISBN: 84-7154-827-5
Nº de páxinas: 94
Encadernación: Tapa blanda



domingo, 18 de xuño de 2017

O CASO DAS CHAVES DESAPARECIDAS


O CASO DAS CHAVES DESAPARECIDAS 
Autor: Antón Cortizas Amado 
Ilustracións: Xan López 
Editorial Edelvives 
Colección Ala Delta

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos 

Son as dez da mañá. De súpeto, o locutor de Badio Vilabranca, a emisora que non espanta, anuncia un estraño suceso: na veciña cidade de Pechobriga empezaron a desaparecer misteriosamente tódalas chaves. E mentres un famoso investigador fala no programa sobre tan estraño caso, unha misteriosa chamada telefónica interrómpeo para retalo a atopa-la solución.

Antón Cortizas, autor repetidamente premiado de obras de teatro e narrativa, ofrécenos aquí unha intrigante novela de detectives chea de misterio. 

ISBN: 84-263-2498-3
Nº de páxinas: 147
Encadernación: Tapa blanda




BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger