sábado, 10 de xaneiro de 2015

A FRAGA MILMAÑAS


A FRAGA MILMAÑAS
Textos: Carlos Amil
Ilustrador: Manel Cráneo
Demo Editorial
 
Achegámonos á Fraga Milmañas.
 
É un bosque de fábula, e algúns dos seus veciños viven todo tipo de peripecias, nunha carreira constante por cazar e comer outros prezados habitantes da fraga, como os coellos, ou dos arredores, como as galiñas da granxa de Mingos.
 
Falamos da raposa Fonsa e a súa sombra -unha parella espelida como poucas- e mais do lobo Ferocio, inxenuo argallante ao que todo lle acaba saíndo mal.
 
Na Fraga Milmañas teremos diversión a esgalla e humor a cachón!
 
O album comprende unha selección de historietas curtas de entre unha e dúas páxinas, que foron publicadas en "Golfiño" durante as dúas épocas que a revista se mantivo no mercado. Primeiro da man de Edicións Xerais (1999-2000) e logo como suplemento dominical do diario La Voz de Galicia (2002-2004).
 
A Fraga Milamañas é unha serie que foi moi ben valorada no seu momento polo bo manexo da matelinguaxe do cómic que fan amosan nas súas páxinas os seus autores.
 
Os personaxes principais, Fonsa a raposa e o lobo Ferocio, artellan en cada historia desta serie, as súas artimañas para sobrevivir nunha fraga onde calquera cousa é posible.

Con este lanzamiento, Demo Editorial, pretende achegarse ao público infantil recuperando esta serie que tamén fara as ledicias dos pais, especialmente os da nova xeración que tiveron a oportunidade de leela serie no seu momento.
 
Nº de páxinas: 48
Formato: 24 x 17 cm
Encadernación: Rústica con solapas
ISBN: 978-84-940349-7-8
 

venres, 9 de xaneiro de 2015

OS PIRATAS DA LÚA - MARCOPOLA A illa remeira 2

Os Piratas da Lúa
Autor e ilustrador: Jacobo Fernández Serrano

Edicións Xerais de Galicia S.A.
2ª edición, xuño 2014
Colección Merlín Cómics
Serie: Marcopola A illa remeira


Xénero: Cómic

Idade recomendada: + 8 anos

Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada.

Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación. 
 
Formato: 17,5 x 24,5 cm 
Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de páxinas: 56
ISBN: 978-84-9914-508-2

xoves, 8 de xaneiro de 2015

PLAN CULTURAL 2015 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


No BOP do día 2 de xaneiro de 2015 publícanse as


da Deputación Provincial de Pontevedra no que poderán solicitar a inclusión as seguintes agrupacións provinciais:

  • Bandas de Música
  • Masas Corais
  • Grupos Folclóricos
  • Grupos de Gaitas
  • Bandas de Gaitas
  • Agrupacións de Música Tradicional
  • Agrupacións de Música Clásica
  • Agrupación e grupos Teatrais
  • Cantautores
  • Magos
  • Humoristas
  • Grupos de Animación Infantil
  • e moitos máis.

Se estades interesados e queredes máis información para inscribirvos no Plan podedes facelo premendo no seguinte enlace:

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA


Esperamos que sexa do voso interese.



ASTÉRIX E OS PICTOS

Astérix e os Pictos
Texto: Jean-Yves Ferri
Debuxos: Didier Conrad
Cor: Thierry Mébarki, Murielle Leroi e Raphaël Delerue 
Traducción: Isabel Soto e Xavier Senín 
Editor: Salvat - Xerais 

Unha nova aventura de Asterix o Galo

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irreductibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudanum y Petibónum…
 
Novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana. 
 
Os Pictos? Así é, os Pictos! Estes pobos da antiga Escocia, irreducibles guerreiros de varios clans, cuxo nome, outorgado polos romanos, significa literalmente "os homes pintados".

Deste xeito, seguindo as mellores tradicións das aventuras do máis célebre dos galos, Astérix e os Pictos constitúe unha viaxe épica a unha bisbarra rica en tradicións e o descubrimento dun pobo cuxas diferenzas culturais se traducirán en gags e xogos de palabras memorables. Whisky? Lanzadores de cáber? Gaitas? Apelidos con Mac? Por fin coñécense as orixes da muralla de Adriano e o monstro do Lago Ness?
 
E, mesmo quen sabe, galos en saias escocesas,... Gran suspense!
 
Nº de páxinas: 48
Formato: 30 x 23 cm.
Encadernación: Tapa dura
ISBN: 978-84-9914-534-1
 

mércores, 7 de xaneiro de 2015

OS BOLECHAS AUMENTAN A FAMILIA

Os Bolechas aumentan a familia
Ilustración e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Idade recomendada: +  3 anos

Noela, Vintil e o seu can Sudoku pasan uns meses na casa dos Bolechas, mentres os pais se recuperan nun centro.


Durante estes meses, os Bolechas son a súa familia acolledora. Agora, no canto de seren seis irmáns e un can, son oito e dous cans.

ISBN: 978-84-616-9839-4
Encadernación: Cartoné
Formato: 27 x 21 cm.
Nº de páxinas: 32


martes, 6 de xaneiro de 2015

A CARBALLEIRA DOS DRUÍDAS - As aventuras do Apalpador 3

A Carballeira dos Druídas
As Aventuras do Apalpador 3
Autor: Fernando M. Cimadevila
Ilustracións: José Ángel Ares
Contos Extraños Editora, 2013 
Colección "Contos estraños para nenos friquis" 

Idade recomendada: + 9 anos 

O Apalpador e o elfo Din-Don deciden axudar a Noa nunha aventura que os levará a coñecer os segredos máis profundos do Courel. Nun lugar coñecido como a Carballeira dos Druídas atoparán un antigo espírito da natureza que lles ensinará un poderoso esconxuro.

O que os tres amigos non saben é que ese meigallo terá unhas consecuencias inimaxinábeis. 

ISBN: 978-84-940935-6-2 
Encadernación: Cartoné 
Formato: 21 x 15 cm 
Nº de páxinas: 59

luns, 5 de xaneiro de 2015

CARTA AOS REIS MEIGOS

Queridos Reis Meigos,

Este ano porteime moi ben. De verdade. Cóntovos:

-Tratei estupendamente a todos e cada un dos usuarios que viñeron ao centro. Isto non ten moito mérito porque teño uns lectores e uns usuarios marabillosos. Iso si, hai algúns máis pesados e ás veces hai que armarse de paciencia con eles. Xa sabedes, deses que che piden 20 veces o mesmo e que che preguntan 40 veces as mesmas cousas. Seguro que a vós tamén vos pasa. Pero co tempo vas coñecéndoos, terminas esquecendo todos os resoplidos que lanzas cando non che ven, …¡¡e ata acabas colléndolles agarimo!!. A final de contas, sen eles isto non sería o mesmo. Por outra banda, tomeime moi en serio o da formación de usuarios e a todos os novos doulles moita información os servizos que ofrecemos, e si así o desexan ensínolles a utilizar o catálogo informatizado, preséntolles os fondos de que dispoñemos, as políticas de préstamo, etc, etc. Vamos, ¡¡que será por información!!

- Tratei de realizar un feixe de Cursos de Formación dirixidos á toda a poboación en xeral, adultos e nenos, que tiveron bastante éxito aínda que os ordenadores da Aula de Informática estaban xa esgotados. Menos mal que se renovaron por outros de segunda man pero que funcionan mellor que os que había e ofrecen moitas máis posibilidades de traballo. Agora moitos máis veciños xa saben mecanografar, utilizar a internet, o correo electrónico, o Word, o Excel, o Powerpoint… Isto puntúa tamén, Non sí?

- Tratei de manter equilibrada a miña colección. A ditosa crise segue sen facilitar fondos para novas adquisicións e soamente foi posible renovar a colección de libros en galego grazas aos paquetes habituais de promoción do libro galego que envía a Xunta de Galicia a todas as bibliotecas. En castelán non puiden adquirir ningún exemplar novo e polo tanto tampouco ofrecer novidades aos usuarios o que ocasionou que algún dos lectores habituais deixara de acudir á biblioteca. Nada de best-sellers, o que queira novidades que non veña a Bibliopazos. Os libros, vídeos, CD’s e DVD’s que temos na actualidade están obsoletos na súa maior parte; son antigos aínda que seguen sendo útiles e se atopan en bo estado, pero os libros historia, relixión, belas artes, ciencias, dicionarios e enciclopedias… ¡¡É que a xente nin os mira!! Pero iso si, seguimos gañando adeptos entre os mais pequenos xa que se mantén bastante actualizada a colección de literatura infantil grazas aos envíos da Consellería de Cultura. Total, que non quero que soe a escusa, pero do voso de relixión, nada de nada.

- Tampouco se me esqueceu realizar actividades de fomento da lectura como obradoiros e contacontos; foron todo un éxito de participación, sobre todo entre os máis novos, así que eu creo que isto me dá puntos non?

- Este ano entramos nas Redes Sociais. Pois si, xa teño Blog, Facebook e Twitter. Vós se cadra non as coñecedes, porque bastante traballo tendes co voso, pero son unha ferramenta moi útil para estar en comunicación permanente cos lectores, estar ao día das súas inquietudes e suxestións e facerlles partícipes das nosas novidades.

- Fixen obras. Bueno, non obras de albanelaría, pero si movín o mobiliario (repoñelo foi imposible… mencioneivos xa o da crise?). En fin, que unhas mesas para este lado, uns estantes para o outro, cartelería por aquí, algo de imaxinación… e agora o espazo preséntase máis diáfano, con máis luz natural nos postos de lectura. Varios lectores mostráronme a súa satisfacción cos cambios. Iso téndeo en conta, eh?.

- Ademais de todo isto, cataloguei, etiquetei, e fixen unha chea de tarefas máis. ¡Non vos queixaredes, eh?

Por todo iso, este ano quixese pedirvos tantas cousas: mobiliario, ordenadores novos do trinque, fondos para realizar moitas actividades de animación á lectura; para poder abrir máis horas a biblioteca: para plans de comunicación e publicidade... Pero non quero abusar así que me conformo con só un agasallo; gustaríame que os políticos (os novos e os que xa non están) se concienciaran dunha vez por todas da importancia da cultura en xeral e das bibliotecas en particular na nosa sociedade actual, das bibliotecas como activos sociais, como centros que difunden a cultura a través do fomento da lectura, como entes que loitan pola inclusión social, educando ao mesmo tempo no uso da información, como institucións, en definitiva, que ofrecen unha posibilidade de aprendizaxe e de progreso a calquera persoa que se achegue a elas..

Si conseguimos isto, estou seguro de que todas as carencias (xa volas citei), por un simple efecto dominó, deixarán de selo, sen dúbida.

Moitas grazas de antemán, queridos Reis Meigos, porque sei que, ídelo a intentar. E si non podedes conseguir nada do que vos pedín, non vos preocupedes: poderemos substituír as deficiencias con profesionalidade e imaxinación. A fin de contas, é o que fixemos ata agora.

Atentamente,

Un Bibliotecario público calquera

Adaptación do artigo de Rubén Lamas publicado en:


UN TRABAJO MUY SUCIO


Un trabajo muy sucio
Autor: Christopher Moore
Traducción: Victoria Horrillo Ledesma
La Factoria de Ideas S.L., 2007

Género: Humor

Charlie Asher es dueño de un edificio en San Francisco, tiene una tienda de objetos de segunda mano y está casado con una mujer guapa e inteligente que lo quiere por ser tan normal. Sí, a Charlie le van bien las cosas... hasta el día en que nace su hija, Sophie.

Justo cuando se dispone a irse a casa, ve junto a la cama de su mujer a un extraño que asegura que nadie debería poder verlo. Pero Charlie lo ve y, de allí en adelante, comienzan a suceder cosas muy raras: la gente cae muerta a su alrededor, cuervos gigantes se posan en su edificio y parece que, allá donde va, oye susurros de una presencia siniestra.

Sí, Charlie ha sido reclutado para un trabajo desagradable pero muy necesario: la Muerte.

Es un trabajo sucio. Pero alguien tiene que hacerlo.

Recomendaría "Un trabajo muy sucio" a cualquiera que alguna vez tenga que morirse. Un libro ridículamente divertido, una historia desternillante" - Publishers Weekly. 
 
ISBN: 978-84-9800-432-8
Nº de páginas: 411 
Encuadernación: Tapa blanda

domingo, 4 de xaneiro de 2015

TURNO DE NOCHE

Turno de noche
Autora: Nora Roberts 
Traducción: Elías Sarhan Assy
Editorial Herlequín Ibérica S.A. 2001
Colección: Biblioteca Nora Roberts 

Género: Romántica, erótica

En la oscuridad de la noche es cuando surgen estas historias de amor y misterio. 

La voz suave y acariciadora de la locutora de radio Cilla O’Roarke tenía fascinada a media ciudad de Denver, pero lo que realmente enamoró al detective Boyd Fletcher fue descubrir que, detrás de su fachada de seguridad y éxito, se escondía una joven vulnerable y muy asustada por las amenazas que recibía cada noche de uno de sus oyentes.

Lo cierto era que cualquier cosa podía pasar en el turno de noche.

ISBN 978-84-396-9105-X
Nº de páginas: 254
Encuadernación: Tapa dura


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger