xoves, 31 de outubro de 2024

"CONTOS NA LAREIRA" de Iván Davila para conmemorar o MES DA TRADICIÓN ORAL

Comezamos as actividades para conmemorar o MES DA TRADICIÓN ORAL cunha actividade que forma parte do circuíto +ESCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra que organiza o Servizo de Cultura da Deputación Provincial en colaboración cos concellos co fin de promover o impulso e o fomento da cultura galega nas súas múltiples e variadas expresións, así como a creación e a difusión artística, favorecendo o uso e a convivencia na nosa lingua.


"CONTOS NA LAREIRA" de IVÁN DAVILA, un espectáculo de narración oral para todos os públicos, terá lugar o próximo Sábado 2 de Novembro ás 18:00 horas no Auditorio do Concello.

Fai anos, durante o inverno, as familias e os amigos reuníanse ao carón dunha lareira e contaban historias para entrar en calor. Descobre os contos de tradición oral onde a maxia, o misterio e o paranormal danse a man. Historias tradicionais repletas de chiscadelas ó presente.

Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflictos.

Por certo, a entrada é de balde ata completar o aforo do local.

Non vos esquezades, esperámosvos!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 30 de outubro de 2024

AVANCE DAS PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE NOVEMBRO COAS QUE CONMEMORAREMOS O MES DA TRADICIÓN ORAL

No próximo mes de Novembro conmemoraremos o MES DA TRADICIÓN ORAL con diversos eventos dos que pasamos a informarvos para que non vos esquezades de asistir aos mesmos.

As actividades forman parte do circuíto +ESCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra que organiza o Servizo de Cultura da Deputación Provincial co fin de promover o impulso e o fomento da cultura galega nas súas múltiples e variadas expresións, así como a creación e a difusión artística, favorecendo o uso e a convivencia na nosa lingua. 

"CONTOS NA LAREIRA" con IVÁN DAVILA

A primeira será o Sábado 2 de Novembro ás 18:00 horas no Auditorio do Concello e nela IVÁN DAVILA traerános "CONTOS NA LAREIRA", un espectáculo de narración oral para todos os públicos:

Fai anos, durante o inverno, as familias e os amigos reuníanse ao carón dunha lareira e contaban historias para entrar en calor. Descobre os contos de tradición oral onde a maxia, o misterio e o paranormal danse a man. Historias tradicionais repletas de chiscadelas ó presente.

Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflictos.

"ELAS" con VERO RILO



Seguiremos conmemorando o MES DA TRADICIÓN ORAL o Sábado 23 de Novembro ás 20:00 horas e tamén no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén no que contaremos coa visita de VERO RILO que co seu espectáculo "ELAS", contaranos unha selección de historias de vida, de autora, tradicionais e de recollida da voz das mulleres que non tiveron nome pero que son cada unha de nós. A obra presenta unha serie de escenas nas que Vero Rilo vai interpretando a cinco mulleres, con diferentes historias e vivencias que van dende a infancia até a idade adulta. “Elas” aborda temas como a loita feminista, a violencia de xénero, a maternidade, a sexualidade e as relacións interpersoais, entre outros.

E, por último, ahí vai tamén un avance dalgunhas das actividades que estamos organizado para o mes de DECEMBRO:

ENTREGA DE PREMIOS DO "VI CERTAME DE RELATO CURTO" DE PAZOS DE BORBÉN


O Xoves 19 de Decembro sobre ás 12:00 horas no Auditorio do Concello temos previsto o acto de entrega de premios do VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén no que participarán os escolares do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.



"CONCERTO PUNKINFANTIL" con PETER PUNK PALLASO e BRAIS DAS HORTAS

E o Sábado 21 de Decembro a partir das 18:00 horas tamén no Auditorio do Concello á compañía PETER PUNK PALLASO e BRAIS DAS HORTAS que nos ofrecerán o seu "CONCERTO PUNKINFANTIL" para todos os públicos.

Punk para nenas? Porque non? Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por tí mesma. Do it Yourself!!

Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?

O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado "Concerto Punklnfantil".

Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

Todas as actividades son con entrada de balde ata completar o aforo do local.

Non vos esquezades, esperámosvos!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger