sábado, 8 de setembro de 2018

COMO AGUA PARA CHOCOLATE


COMO AGUA PARA CHOCOLATE
Autora: Laura Esquivel
Ilustrador: Daniel Bolívar
Edita: Peguin Radom House Grupo Editorial

Género: Literatura en castellano - Narrativa

Mi negro pasado, continuación de Como agua para chocolate, es una defensa de la independencia femenina y la mejor receta contra los males de nuestros días: el desarraigo, la obesidad y el consumismo vacío.

María, adicta a la comida, sufre un injusto fin de su matrimonio en mitad de una avalancha de reproches racistas y machistas.

Deshecha, recibe de manos de Lucía, su abuela por mucho tiempo ausente, el diario de Tita. Al adentrarse en él, descubrirá insospechados secretos familiares, la capacidad del espíritu humano para volar alto gracias a la alquimia que transforma los ingredientes naturales en alimento y un sentido de pertenencia jamás experimentado.

La voz de María, de la misma estirpe guerrera que las mujeres De la garza, continuará tejiendo la saga familiar. La protagonista deberá sortear los baches filiares, al tiempo que gana confianza en sí misma. Este proceso la llevará a crear una conexión inquebrantable con Tita y todos sus ancestros, y logrará así la reconciliación de cuerpo y mente. Un renacer a la vida. 

Pero el verdadero dilema será cuando María experimente otra vez el más profundo de los sentimientos: el amor.

ISBN: 978-84-9129-029-2
Nº de páginas: 216
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 24 cm.

A ÁRBORE DOS SOÑOS


A ÁRBORE DOS SOÑOS
Autor: Fernando Alonso
Ilustrador: Emilia Urberuaga
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

O señor Huvez é un escritor que sofre unha crise de creatividade. Comprometeuse a entregar un libro, pero as ideas dilúense ante o folio en branco. Nese momento, le nun xornal unha  noticia sorprendente: un home fora detido por escribir sobre as árbores e os paxaros.

Huvez decide solidarizarse con ese colega descoñecido para que sexa posto el liberdade canto antes. e comeza unha campaña solidaria.

A súa acción máis importante será escribir cinco relatos, todos eles protagonizados por árbores. E agora si que as ideas fluirán na mente de Huvez coma o zume desas árbores ás que o escritor dará vida.

ISBN: 978-84-8464-371-5
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23,5 cm.

venres, 7 de setembro de 2018

O EXÉRCITO DE FUME


O EXERCITO DE FUME
Autor: Manuel Gago
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza.

Unha mestra recibr o primeiro destino nunha distante aldea la Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pintor de oceános asume un incómodo encargo. Sen sabelo, os tres van ficar unidos polo desengano, a esperanza e a valentía, nun remuíño que uno os seus pasados cos dramáticos acontecementos de Europa.

Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal.

Cando dúas guerras se xuntan, o futuro do mundo está en xogo.

ISBN: 978-84-9121-392-5
Nº de páxinas: 447
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 22 cm.

O LOBO CON BOTAS


O LOBO CON BOTAS
Autor: El Hematocrítico
Ilustrador: Alberto Vázquez
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío Lobiño aproveita para hacer negocio.
Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran?

El Hematocrítico regresa cun conto sobre o consumismo, con lobos, gatos e xigantes.

ISBN: 978-84-9121-389-5
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 25,5 cm.

xoves, 6 de setembro de 2018

CULPABLE


CULPABLE
Autor: Eli Ríos
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego -  Poesía

"Declárome culpable:/ asasinei o eu lírico".

Estás convidada, querida lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da high art. Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (insírase unha advertencia aquí) e boquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal.

Estas preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo?

ISBN: 978-84-9121-294-2
Nº de páxinas: 66
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 22 cm. 


CHOIVA DE RAS


CHOIVA DE RAS
Autor: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto de ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías.

Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.

Choiva de ras é unha aventura trapidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores de amizade, a solidaridade e o respecto.

ISBN: 978-84-9121-368-0
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm.

mércores, 5 de setembro de 2018

FIRMAMENTO


FIRMAMENTO
Autor: Màxim Huerta
Ilustrador: Sr. García
Edita: Espasa Libros S.L.U.

Género:  Literatura en castellano - Narrativa

En un hermoso hotel a orillas del Mediterráneo, el escritor Mario Bellver busca cómo acabar la novela de otro.
Un día, la llegada de Ana Montelón, que inicia sus apacibles vacaciones, viene a corregir el rumbo del verano... y de su historia.

Bajo el cielo estrellado, a veces bajo el techo de la habitación, un juego amoroso se prepara. Se relatan los oscuros recovecos de dos personas muy diferentes que no saben cómo salir de sus vidas. Tan vulnerables como firmes en sus contradicciones.

En apariencia tan intimista como el diálogo entre dos amantes, o una obra de teatro en la que solo hubiera dos personajes, Firmamento se multiplica en cada página, creando un universo, el de Ana y Mario.

Un historia sencilla y deslumbrante, inquietante cuando se descubre la verdad.

Una novela de dos en la que cabemos todos.

ISBN: 978-84-670-5172-8
Nº de páginas: 256
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 24 cm.

martes, 4 de setembro de 2018

DE MOUROS, MOURAS E TESOUROS



DE MOUROS, MOURAS E TESOUROS
Autor: Xoán Carlos García Porral
Ilustracións:Bernardo Insua e Lorena Recimil
Edita: Edicións Fervenza

Estudo que recolle un total de 516 lendas da Comarca de Deza e no que o lector poderá gozar do imaxinario popular desta zona e descubrir unha terra poboada non só por seres humanos, senón tamén por unha inxente cantidade de personaxes que nos trasladan a outro mundo paralelo ao noso, o mundo do marabilloso

ISBN: 978-84-17094-16-4
Nº de páxinas: 252
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16,5 x 23,5 cm.

ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ E O PINTOR DE FLORES


ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ E O PINTOR DE FLORES
Autor e ilustrador: Anxo Fariña
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.

Nubebebé desapareceu, non a atopar na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso.

Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros da familia Nube?

Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.

ISBN: 978-84-9121-282-9
Nº de páginas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5 cm.

luns, 3 de setembro de 2018

LA SEÑORA OSMOND


LA SEÑORA OSMOND
Autor: Jonh Banville
Ilustrador: Miguel García Temprano
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial

Género: Literatura en castellano - Narrativa

Huyendo de Roma y de un matrimonio demoledor, Isabel Osmond viaja a Londres, donde se repone de la traición de su marido. ¿Qué hacer ahora, qué camino debería seguir y cuál es la salida del complejo laberinto emocional en el que lleva tanto tiempo atrapada? Bajo el estímulo del dolor y la certeza de hacer sido seriamente agraviada, decide reemprender la búsqueda de libertad e independencia que animó su juventud. Pero debe regresar a Italia, enfrentarse a Gilbert Osmond y deshacerse de su poderoso yugo.

La señora Osmond es una proeza literaria que tiene el retrato de una dama de Henry James como telón de fondo: una novela magistral sobre la deslealtad, la corrupción y la ambigüedad moral. Este es el soberbio retrato de una heroína inolvidable.

ISBN: 978-84-204-3284-7
Nº de páginas: 378
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 15 x 24 cm.


OS CASTELOS


OS CASTELOS
Autora: Bénédicte Le Loarer
Ilustradores: Céline Riffard e Jean-Sébastien Deheeger
Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

As nenas e nenos descubrirán coa axuda do porco Antón a sorprendente e, ao tempo, fascinante vida da época dos castelos: as construccións, a vida do dono e da súa familia, os traballos e os gremios relacionados, os xogos infantís, as diversións dos cabaleiros e, o peor, as guerras.

ISBN: 978-84-9995-186-7
Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 20,5 cm.


domingo, 2 de setembro de 2018

MI PECADO


MI PECADO
Autor: Javier Moro
Edita: Espasa Libros S.L.U

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

Javier Moro recrea en Mi pecado una historia que sucedió. Su protagonista es la actriz española Conchita Montenegro quien, en 1930 con apenas 19 años, desembarcó en Hollywood.

Gracias a su belleza, inteligencia, personalidad y tesón, la joven promesa se hizo un hueco entre las principales estrellas del momento.
Su extraordinaria mirada cautivó a Leslie Howard, uno de los actores más célebres de la época, un hombre casado que le doblaba la edad. Los amantes vivieron su idilio entre fiestas de ensueño y estrenos triunfales, paseos a caballo y vuelos en avioneta por la costa de California, entre la pasión y el engaño.

Trece años más tarde, su historia de amor tuvo un desenlace inesperado cuando los dos se reencontraron en Madrid y, sin saberlo, influyeron en el curso de la Segunda Guerra Mundial.

ISBN: 978-84-670-5171-1
Nº de páginas: 382
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 23,5 cm.



O QUE SEI DO SILENCIO


O QUE SEI DO SILENCIO
Autora: Andrea Maceiras
Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

"Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio."

O que sei do silencio é o relato estremecedor de como Delia de converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

FINALISTA DO PREMIO RAÍÑA LUPA, 2017

ISBN: 978-84-9121-402-1
Nº de páxinas: 218
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger