OS SONOS NA GAIOLA
Autor: Manuel María
Ilustracións: Xaquín Marín
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín Verde, 2ª edición 1992
Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía
Idade recomendada: + 9 anos
Galicia, as cousas, homes e terras, nenos e nenas, animais a paxaros, o cuco, as anduriñas, o pardal e o paspallás.
O mundo a través dos ollos dun dos nosos grandes poetas.
O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo
infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas.
Abren o libro dous
poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha
declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas.
De
seguido, e baixo o epígrafe de "O mundo", aparecen o sol, as etrelas, a
lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento.
No poema "As cousas" falan
as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o
foguete, o carro, o tractor, o arado.
"Os homes, nenos e nenas", é o
título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do
patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda.
Por
último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o
caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo,
o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o
pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas.
Este libro é un clásico da nosa
literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que "son
versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos
que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos
son. Eu quixera encher, en parte, este oco".
ISBN: 978-84-7507-470-7
Nº de páxinas: 96
Encadernación: Tapa branda