sábado, 4 de xaneiro de 2020

ENTRE PAPOULAS


ENTRE PAPOULAS
Autor: María Canosa
Ilustradora: Marta Rivera Ferner
Edita: Everest Galicia, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Unha comunidade tinguida de cores brillantes e envolta en harmonía. As papoulas non son unhas flores calquera, son moi presumidas pero tamén son sensibles e solidarias con veciños cos que comparten os meses máis cálidos do ano. Enchen de vida os campos co seu continuo bulebule e gozan das cousas pequenas porque saben que nelas se agocha o segredo da felicidade.

ISBN: 978-84-403-1119-1
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 12,5 x 19,5 cm


venres, 3 de xaneiro de 2020

O QUE NUNCA CHE CONTARON


O QUE NUNCA CHE CONTARON
Autores: María Canosa e Kike Gómez
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Santillana Infantil y Juvenil, SL e Edicións Obradoiro, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... De onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás a mirar ao teu redor do mesmo xeito.

Seis historias que che abrirán os ollos e as portas da maxia e da ilusión, coma o mellor dos cofres dos tesouros.

ISBN: 978-84-16834-80-8
Nº  de páxinas: 93
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 20 cm


O FRESCO: MEMORIAS DUN FUXIDO (1936)


O FRESCO: MEMORIAS DUN FUXIDO (1936)
Autor: Víctor F. Freixanes
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Galega - Ensaio

Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na Noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González "o Fresco" era un señorito desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista triunfo, o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional de Prensa en Niza.

Catro décadas despois daquela primeira edición, volven publicar O Fresco: Memorias dun Fuxido (1936), obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.

ISBN:978-84-9121-531-8
Nº de páxinas: 173
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14,5 x 22 cm


xoves, 2 de xaneiro de 2020

MATÍAS, UN PITO DE CAMPIONATO


MATÍAS, UN PITO DE CAMPIONATO
Autor: María Canosa
Ilustrador: David Soler
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Matías é un pito de campionato. Curioso dende antes de nacer, estaba chamado a vivir mil e unha aventuras marabillosas...

ISBN: 978-84-9865-276-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 21 cm



mércores, 1 de xaneiro de 2020

CANDO CAE A LUZ


CANDO CAE A LUZ
Autor: María Canosa
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

"Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non e certo", así dicía Anxel Fole. Claro que arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuzando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador.

Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir.

Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns.

Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baizan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas... Transformáronse co paso do tempo, mais os lobos habitan o mundo e acoden a nós... Cando cae a luz.

ISBN: 978-84-15699-97-2
Nº de páxinas: 121
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 21 cm


martes, 31 de decembro de 2019

GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS


GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS
Autor: Claudia Castro
Ilustracións: Emanuel Lomeña
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +10 anos

Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe por toda a nosa xeografía, chea de trampas e tesouros. Abre o libro. Dentro hai unha aventura ben fermosa...

ISBN: 978-84-9151-386-5
Nº de páxinas: 55
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm


luns, 30 de decembro de 2019

MURIEL


MURIEL
Autor: María Canosa
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

A Muriel custáballe prender o sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e o seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.

Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como "unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa".

ISBN: 978-84-9121-274-4
Formato: 13,50 x 19,00 cm

Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de Páxinas: 192


domingo, 29 de decembro de 2019

BRAMIDO MAINO


BRAMIDO MAINO
Autor: María Canosa Blanco
Edita: Edicios Do Castro

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada: +9 anos

Bramido Maino é unha sinxela historia que escribiu María Canosa Blanco cando contaba trece anos, reflexando nela as súas xentes, as paisaxes rurais,... Coas que ela disfrutaba. Unha tarde de verán pechou de néboa penetrante e húmida mentres ela percorría un camiño estreito en bicicleta. Ó regreso, sentou sobre as follas secas que caeran dos eucaliptos e deixou que a súa mente voase, nacendo así esta fantasía que plasmou en papel.

ISBN: 84-7492-836-2
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 12,5 x 18,5 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger